Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas

[Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas - uploads/9/news/foto_posta_de_largo.jpg]

O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, a carnicería, a venda delicatessen e o turismo, ademais de medios de comunicación. Tratouse dun acto exclusivamente profesional coorganizado pola Fundación Semana Verde de Galicia e a Consellería do Medio Rural, coa colaboración de Boaga e Puraga, co obxectivo de promocionar de forma conxunta todas as razas e impulsar o consumo e a comercialización da súa produción.

A parte máis atractiva da xornada foi a completa degustación de pratos elaborados con carnes destas razas polos alumnos do Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, baixo a dirección do profesor Rafael Brantuas; Boaga encargouse de contactar cos criadores para abastecer aos cociñeiros das distintas pezas solicitadas. Integraron o menú estas 11 propostas culinarias: sopa de Galiña de Mos con castañas asadas, Galo de Mos en escabeche con follas frescas, tirabuzóns de presa de Porco Celta con mollo de boletos, Cordeiro de Ovella galega con mollo de améndoas, cabrito de Cabra Galega á cazadora con ceboliñas, poldro de Cabalo Galego ao viño de mencía, roastbeef de tenreira Cachena, tacos ao allo de tenreira Caldelá, tenreira Frieiresa ao caldeiro, carbonada de tenreira Limiá e carpaccio de tenreira Vianesa.

O xantar foi inaugurado polo daquela conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e conforme se ía servindo cada prato, os técnicos das asociacións de criadores de cada raza explicábanlles aos comensais as principais cualidades do produto.

O programa deste evento incluíu ademais unha serie de charlas técnicas previas á degustación. A sesión comezou cunha presentación das características morfolóxicas e cárnicas das razas autóctonas galegas a cargo do director de Boaga, José Ramón Justo Feijoo, quen na súa intervención destacou que para que exista unha demanda destes produtos é fundamental que antes se dean a coñecer.

Seguidamente interveu Constantino Bragado, mestre carniceiro do Centro Tecnolóxico da Carne (Ceteca), que falou das novas orientacións no comercio minorista de carnes e insistiu na necesidade de adaptarse aos tempos e buscar a profesionalización tanto dos gandeiros coma dos transformadores industriais e do persoal técnico das oficinas. No terceiro relatorio da mañá tamén participaron traballadores do Ceteca. Daniel Franco, responsable do Laboratorio Físico-Químico, e José Manuel Lorenzo, responsable do Laboratorio de Cromotografía, profundaron nas calidades da canal e carne das razas autóctonas galegas e nos aspectos prácticos para unha correcta maduración e conservación; tras a explicación levaron a cabo unha cata de lombo de poldro para testar a aceptación deste produto entre os consumidores.

A quenda de conferencias rematou coa cooperativa galega Monte Cabalar e a presentación que fixo dun novo salchichón preparado con carne magra de poldro e touciño de Porco Celta, salientable pola pouca cantidade de graxa, a riqueza en omega 3 e o suave sabor a caza.

Ao longo deste día, o recinto feiral mantivo unha exposición de varios exemplares de autóctonas no exterior, e da carne crúa destes animais e mais de folletos informativos, catálogos e revistas no interior das instalacións.


Limpar

O INORDE ABRE O PRAZO PARA ADQUIRIR RAZAS AUTÓCTONAS POR PARTE DOS GANDEIROS

30/03/2022
[O INORDE ABRE O PRAZO PARA ADQUIRIR RAZAS AUTÓCTONAS POR PARTE DOS GANDEIROS - uploads/9/news/imagen-solicitude_inorde.png]

As bases que regulan a venda destes exemplares foron aprobadas pola Comisión Executiva deste organismo o pasado 11 de marzo, e publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia Os animais que se poden adquirir son: ...

Ler Máis »

CHARLAS DIVULGATIVAS DE LA OVELLA GALEGA Y CABRA GALEGA EN EL CIFP A GRANXA.

9 de diciembre de 2020. Ponteareas (Pontevedra)
[CHARLAS DIVULGATIVAS DE LA OVELLA GALEGA Y CABRA GALEGA EN EL CIFP A GRANXA. - uploads/9/news/img_20201209_145049655.jpg]

El 9 de diciembre, Silvia Adán, directora técnica de las razas Ovella Galega y Cabra Galega, impartió unas charlas divulgativas sobre las dos razas, a los alumnos de la promoción 2019-2021 de “Técnicos en Producción ...

Ler Máis »

LAS RAZAS AUTÓCTONAS EN LA "XIII FEIRA DOS REMEDIOS" EN PONTEAREAS

07/09/2019 Ponteareas (Pontevedra)
[LAS RAZAS AUTÓCTONAS EN LA "XIII FEIRA DOS REMEDIOS" EN PONTEAREAS - uploads/9/news/img-20190907-wa0033.jpg]

El 7 de septiembre, estuvimos en el Ayuntamiento de Ponteareas promocionando las Razas Autóctonas gallegas en la “XIII Feira Tradicional dos Remedios”, con stand propio y participando con los criadores Roberto Louzán Alonso (con exemplares ...

Ler Máis »

EN UN COLEGIO DE MONFORTE NACIERON POLLITOS.

18 mayo de 2019. Monforte de Lemos (Lugo)
[EN UN COLEGIO DE MONFORTE NACIERON POLLITOS. - uploads/9/news/1_dGkiY1p.jpg]

O 18 de maio de 2019, no colexio Ferroviario en Monforte de Lemos, naceron 14 poliños da nosa raza trala incubación feita de 18 ovos. Estivo presente o criador Ramón Vázquez, que lle falou aos ...

Ler Máis »

LAS RAZAS AUTÓCTONAS PARTICIPAN EN LA FEIRA RAIGAME EN VILANOVA DOS INFANTES (CELANOVA)

17 de mayo de 2019. Vilanova dos Infantes (Celanova-Ourense)
[LAS RAZAS AUTÓCTONAS PARTICIPAN EN LA FEIRA RAIGAME EN VILANOVA DOS INFANTES (CELANOVA) - uploads/9/news/img-20190517-wa0004.jpg]

El viernes 17 de maio, día de las letras galegas, estuvimos en la XVIII ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME, en Vilanova Dos Infantes en Celanova, dedicada este año  a las ferias de ganado tradicionales. Allí estuvimos representando ...

Ler Máis »

ESTUVIMOS EN CIMAG-GANDAGRO

21-23 Febrero 2019. Silleda (Pontevedra)
[ESTUVIMOS EN CIMAG-GANDAGRO - uploads/9/news/img_20190221_125009730.jpg]

Participamos en la feira Cimag-GandAgro, la Feria Profesional de Maquinaria, Agricultura y Ganadería que se celebró en el recinto ferial de la Fundación Semana Verde de Galicia, en Silleda. Aprovechamos la visita del Conselleiro do ...

Ler Máis »

PARTICIPAMOS EN LA 4ª EDICIÓN DE GALICIA MARKET PLACE.

28 de febrero de 2019. Vigo (Pontevedra)
[PARTICIPAMOS EN LA 4ª EDICIÓN DE GALICIA MARKET PLACE. - uploads/9/news/img_20190228_123558657.jpg]

El 28 de febrero, participamos en la 4ª edición del Galicia Market place, que se celebró en el círculo de empresarios de Galicia, en Vigo. Estos encuentros, consistieron en mesas redondas, coloquios, almuerzos sectoriales, parladoiros ...

Ler Máis »

LAS RAZAS AUTÓCTONAS PRESENTES EN UNA NUEVA EDICIÓN DE “A FEIRA DO GRELO”

2 -3 de Marzo 2019 AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)
[LAS RAZAS AUTÓCTONAS PRESENTES EN UNA NUEVA EDICIÓN DE “A FEIRA DO GRELO” - uploads/9/news/53026346_1419218208208094_5844738276904140800_n.jpg]

Los días 2 y 3 de marzo, se celebró en el ayuntamiento de As Pontes de García Rodríguez, la “XXXIX edición da Feira do Grelo” y paralelamente se realizó la “III mostra de razas autóctonas”, ...

Ler Máis »