Limpar
uploads/9/news/festa_filloa.jpg

EXPOSICIÓN RAZAS AUTÓCTONAS NA FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA

29.04.2013. O próximo 1 de maio celebrarase en Muimenta (Cospeito, Lugo) a tradicional Festa da Filloa, declarada recentemente Festa de Interese Turístico de Galicia. Este evento sempre vai acompañado dunha serie de actividades entre as que este ano queremos destacar unha exposición de razas autóctonas, de xeito que os visitantes poderán, ademais de degustar as tradicionais filloas, contemplar exemplares das razas Ovella galega, Cabra Galega e Galiña de Mos propiedade de distintos criadores da comarca.


Ler Máis »

uploads/9/news/tarjeton_hr3j_1.peg

UN RESTAURANTE DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR

Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de marzo, é unha feira que alcanza a súa décimo cuarta edición e que transforma o recinto de Expourense nun gran centro de restauración. En 12.000 metros cadrados cubertos recréase unha vintena de restaurantes con todos os detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que se elaboran os menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo.


Ler Máis »

uploads/9/news/cabra_galega_gandagro.jpg

A Cabra Galega cobrou protagonismo na feira monográfica de GandAgro

O segundo monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebrou no recinto da Feira Internacional de Galicia do 8 ao 19 de marzo, contou cunha ampla representación das razas autóctonas galegas que ...


Ler Máis »

uploads/9/news/foto_posta_de_largo.jpg

Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas

O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, ...


Ler Máis »

MOITOS CONTACTOS EN SALIMAT 2017

Silleda (Pontevedra). 8-11 de xuño de 2017
uploads/9/news/img_3220.jpg

No Salón da Alimentación do Atlantico, que se celebrou en Semana Verde, na zona "DE NOS A VOS" expuxeron productos das razas autóctonas os seguintes criadores: (FOTOS STANDS CRIADORES RAZAS AUTÓCTONAS)

·         “GANADERÍA BALÍN” De Antonio Pérez (con produtos da raza Limiá),

·         “GANADO DE LEMOS” (Con produtos da raza Vianesa)

·          “RAMÓN VÁZQUEZ”(Con produtos da raza Cachena e da Galiña de Mos)

·         “CACHENAS DE SAN BREIXO” de Jordi Anguez (Con produtos da raza Cachena e Galiña de Mos)

·         “GANDEIRÍA JUAN M. LAGE” de Juan Manuel Lage (Con produtos da raza Caldelá)

·         “GANDERÍA TRAS DO RÍO” de Rebeca Yáñez (Con produtos da raza Cachena e Galiña de Mos)

·         “GRANXA CASTRO DE MADROSENDE” de María José Castro (Con produtos da raza Galiña de Mos)

·         “AVES DO CONCELLO” de Francisco Monasterio (Con produtos da raza Galiña de Mos)

·         “CHOUSA DO LEA” de José Zapata (Con produtos da raza Galiña de Mos)

·         “GACARLI S. L.” de Lisardo López (Con produtos da raza Ovella Galega e Limiá)

·         “A GRANXA DMANÁN” de Sandra López (Con produtos da raza Galiña de Mos)

·         “A GRANXA DE LOLA” de Victor Fontán (Con produtos da raza Galiña de Mos)

 

Realizaron moitos contactos comerciais para a venda de produto. Outro ano máis sendo un éxito rotundo!


|
| © Boaga 2021