Este ano 2018, fomos premiados na XLI edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Cultura Gastronómica.
O labor de criadores e técnicos, que con esforzo e ilusión veñen facendo xa dende o ano 2001, momento en que se constitúen as asociacións de criadores das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Galiña de Mos e Cabra Galega, e á federación, BOAGA, foi premiado e recoñecido nestes prestixios Premios da Crítica Galicia, que se instituen coa finalidade de facer público o recoñecemento que, dentro do marco xeral da cultura galega, merezan os labores individuais ou colectivos que cada ano cristalicen en achegas relevantes para os diversos ámbitos da creación cultural e da investigación en Galicia.
O xurado, que estivo formado por Alberto González Prelcic, cociñeiro, en representación do Grupo Nove, gañador da edición anterior; Teresa Cuíñas Lavandeira, xornalista da TVG; Taciana Díaz Mariño, xornalista; Manuel Hermo Piñeiro, profesor da escola de Hostelaría de Pontevedra; María Mosquera Leal, e-asesora, colaboradora da revista Benbo; Alejandro Rubín Carballo, director de Expourense e Luís Marconi Suárez, secretaría, en representación da APCG, acordou conceder o premio de cultura gastronómica 2018, de entre tódalas propostas presentadas, á Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), por “ter impacto en todo o territorio, asentar poboación en contornas rurais, incorporar xente nova ao traballo gandeiro, coidar colateralmente do medio ambiente e facer chegar o produto aos mercados máis selectos de España”.
Este premio foi un recoñecemento por potenciar e ser reflexo de riqueza, innovación, compromiso e posta en valor da identidade gastronómica de Galicia. Representando todo o proceso que vai dende a produción ata o prato, ademáis de recuperar ás razas autóctonas galegas e os produtos propios e únicos da nosa terra.
O prestixioso galardón, foi outorgado en anteriores edicións a entidades coma Grupo Cuevas, Artesáns da Pesca e no pasado ano ao Grupo Nove. Recolleu o premio en nome de BOAGA, o Director Técnico das asociacións de criadores das razas bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa, D. Juan José Lama López.
Os outros dous finalistas foron Terras da Mariña, Sociedade Cooperativa Galega e Mexillón de Galicia D. Orixe Protexida.
Máis imaxes no seguinte enlace PREMIOS DA CRÍTICA DE GALICIA 2018
El 16 de febrero, estuvimos en Sarria, en la "Fiporco- III Feira Internacional do Cerdo e os seus produtos", promocionando y representando a las razas autóctonas gallegas.
El Salón Internacional de Turismo Gastronómico-XANTAR que se celebró en Ourense del 6 al 10 de febrero, contó con amplia presencia de las razas autóctonas. La Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, tuvo un stand ...
Especial mención para los produtores de razas autóctonas que participaron en el stand de Boaga, con venta de producto y promoción de sus marcas comerciales durante los cinco días de feria. Ganadería Juan M Lage ...
El sábado 2 de febrero se celebró la "II Feira de Razas Autóctonas Galegas da Mariña", en O Valadouro. Allí estuvimos con stand y junto a los criadores de nuestras razas autóctonas gallegas. Los criadores ...
O 16 de novembro de 2018, participamos no taller “Coinnovando en el Sector Agrario y Forestal en Europa”, que se celebrou na sede do Feuga en Santiago de Compostela. Tratouse dunha xornada onde se trataron ...
Este ano 2018, fomos premiados na XLI edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Cultura Gastronómica. O labor de criadores e técnicos, que con esforzo e ilusión veñen facendo xa dende o ...
A VII Feira Tradicional do Remedios celebrada o 8 de setembro en Ponteareas, contou coa presenza das razas Cabra Galega, Ovella Galega e Galiña de Mos, da man dos criadores Miguel Amaro, Alejandro Collazo e ...
Estivemos o 16 de setembro de 2018 nunha nova edición da Festa da Cabra de Merlán organizada pola Asociación de Veciños de Santo Tomé de Merlán, en Chantada, cun stand repartindo abundante información sobre a ...