Un ano mais, coincidindo coa 37 Edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, BOAGA (Federación de Razas Autóctonas de Galicia) organiza unhas xornadas técnicas de Razas Autóctonas Galegas co fin de fomentar a formación e especialización do sector gandeiro, tanto dos seus socios coma do público en xeral. Con elas pretendemos dar a coñecer distintos aspectos relacionados coa cría destas razas e cos seus produtos.
Na primeira xornada, venres 13 xuño, trataremos temas importantísimos como a nova PAC, tema de actualidade,que nos vai a rexer a todos durante os próximos sete anos e será unha da primeira ponencia que se fará tras o remate da PAC/2014, tendo xa encima da mesa os temas xa máis avanzados para a PAC 2015/2020.
Estarán tamén presentes as enfermidades do gando, como o IBR, BVD, e a Paratuberculose,que son consultadas moitas veces ós nosos servizos veterinarios, contando nas ponencias cos mais expertos neses temas.
Na xornada do sábado 14 xuño, dous temas ligados á terra, ponencias que de seguro serán interesantes e amenas, sobre a realidade da distribución da terra en Galicia a cargo de F.Ónega,e outra de Luis, técnico e gandeiro que nos contará a súa experiencia práctica en alimentación con produtos feitos na propia explotación e os custes asociados e como repercuten no rendemento do noso gando.Pola tarde, unha explotación de Ovella Galega, que duns poucos animais pasa a ser unha das mellores explotacións, non so de Galicia senón de toda España, sendo a súa dona recoñecida por esta labor con premios estatais, demostrando que só se pode vivir do campo e da gandería con dignidade e asemade cun gran orgullo de selo.
Na xornada final, Domingo 15 xuño, a nosa Galiña de Mos, a primeira raza de galiña de España, será a protagonista,incidindo na alimentación das explotacións artesanais e dun novo produto estrela, a pularda de Galiña de Mos comparada con estirpes industriais
Máis información pinchando no seguinte enlace do programa adxunto: XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX)
· Pechouse una grande edición da Feira Semana Verde de Galicia. Houbo récord de participación con 51 criadores nos diferentes concursos das razas Galiña de Mos e das bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá ...
No Salón da Alimentación do Atlantico, que se celebrou en Semana Verde, na zona "DE NOS A VOS" expuxeron productos das razas autóctonas os seguintes criadores: (FOTOS STANDS CRIADORES RAZAS AUTÓCTONAS) · “GANADERÍA BALÍN” De ...
Este ano o restaurante Tapirazas foi un fervedoiro de comensais!, tanto que nos 4 días das degustacións superáronse as previsións de anos anteriores, e agotouse a mercancía. Máis de 1000 menús foron servidos polo cociñeiro Antonio Díaz (Restaurante Andarubel). Como mostra pódense descargar as exquisitas preparacións que puideron degustar os comensais que pasaron nos 4 días da feira.
No seguinte video resumo, pódense ver as actividades da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA na Feira Internacional Semana Verde. Está editado pola canle de internet vacatv.tv de Transmedia Comunicación.
ENLACE A VÍDEO RAZAS AUTÓCTONAS ("As Razas Autóctonas Galegas na Semana Verde 2017- Vídeo Resumen)
Tamén se poden descargar fotos no enlace FOTOS PREMIADOS SEMANA VERDE 2017
As razas autóctonas tiveron un gran protagonismo na feira profesional GandAgro, celebrada en Silleda. Destacaron nunha carpa habilitada específicamente, pasando máis de 20.000 persoas a visitarnos, establecendo moitos.
O sábado fixemos unha degustación de produtos 100% raza autóctona diante do noso stand,na que houbo Cecina de boi de raza Vianesa, Embutidos de raza Porco Celta , Empanada de polo de raza Galiña de Mos ,Cordeiro de raza Ovella Galega e Carne guisada de raza Cachena. Todo un éxito.
Este fin de semana, e con motivo das festas de San Froilán, os días 8 e 9 de outubro vaise celebrar en Lugo outra edición da feira EXPOLUGO LA RURAL, sito no Pazo de Feiras ...
Esta fin de semana, o domingo día 25, a cita é no Concello de Muras onde se vai a celebrar unha nova edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte. Contaremos coa presencia ...
A cabra Galega estará o día 18 de setembro nunha nova edición da Festa da Cabra de Merlán, que igual que en anos anteriores organiza a Asociación de Veciños de Santo Tomé de Merlán, en ...