Neste ano 2014 e dentro das actividades a celebrar do 12 ao 15 de xuño no XVIII Salón de Alimentación do Atlántico – Salimat, no pavillón nº 1 do recinto feiral de Silleda, dentro da 37ª Feria Internacional Semana Verde de Galicia, BOAGA presenta por segundo ano consecutivo TapiRazas, un restaurante de tapas con produtos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Esta actividade ten por obxectivo promocionar as razas autóctonas galegas e os seus produtos, poñendo en valor as excelentes cualidades culinarias e sensoriais, diferenciándose como produtos únicos e de calidade.
Xunto con BOAGA e as asociacións de criadores de cada unha das razas pertencentes á Federación, participarán o cociñeiro , e as Antonio Díaz Calvo (restaurante ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME)bodegas Fernández Rodriguez S.C. - ADEGA DA CAPELA e ADEGA CACHÍN S.C., cos viños Pousadoiro (Ribeiro) e Peza do Rei (Ribeira Sacra).
ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME, elaborará as tapas cos produtos das razas autóctonas galegas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos, que se acompañarán de pan e bebida. O menú degustación con produtos de autóctonas consta de dezaseis tapas distintas, distribuídas en 4 tapas por día, bebida e pan. TapiRazas estará en funcionamento de xoves a domingo a partires das 13:00 h no pavillón 1, cun menú degustación.
Para descargar o menú pincha en: MENÚ TAPIRAZAS 2014
Con motivo da celebración do XI Congreso Ibérico Sobre Recursos Genéticos Animales, celebrado en Murcia do 26 ao 28 de setembro, presentáronse varios traballos científicos sobre as nosas razas autóctonas. Neste congreso disertouse sobre as ...
As rúas do centro da cidade de Lugo, asistiron o pasado 6 de outubro a un desfile de gando polas rúas do centro da cidade, co que daba comezo outra edición da feira Expolugo. Entre ...
Os días 6 e 7 de outubro celebrouse unha nova edición de Expolugo A Rural. Contou cunha importante exposición de gando procedente de explotacións da provincia de Lugo, no que houbo exemplares das razas bovinas ...
O venres 12 de outubro, presentouse a nova Granxa Escola “A CAPILLA”, na parroquia de Lentellais en O Bolo (Ourense). Esta granxa escola, é propiedade de María Elisa Camino Leiro, criadora das razas Ovella Galega ...
Este domingo celébrase a tradicional "Feira do Poldro e do Gando do Monte" en Muras. Como tódolos anos, a feira comezará ás 10:00h no monte da Gañidoira con varias actividades. Alí estaremos, cun posto onde ...
O 15 de agosto, o lugar escollido para a exposición de gando das distintas razas autóctonas de Galicia que se celebrou con motivo da Feira Medieval de Maceda, foi a carballeira que rodea o Castelo ...
No Salón da Alimentación do Atlantico, que se celebrou en Semana Verde, na zona "DE NOS A VOS" espuxeron productos 100% RAZA AUTÓCTONA, os seguintes criadores: (ENLACE FOTOS STANDS CRIADORES RAZAS AUTÓCTONAS E SALIMAT.) · “GANADERÍA ...
Este ano o restaurante Tapirazas foi un fervedoiro de comensais!, tanto que nos 4 días das degustacións superáronse as previsións de anos anteriores, e agotouse a mercancía. Aoredor de 1000 menús foron servidos polo cociñeiro ...