Limpar
uploads/9/news/stand-ganaderia-juan-m-lage.jpg

ÉXITO NA EXPOSICIÓN E VENDA DE PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS

Salimat-Semana Verde 2014. Silleda (12-15 de xuño de 2014)

No pavillón número 1 do recinto feiral, celebrouse o Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT, onde houbo 11 produtores das razas Cachena, Caldelá, Ovella Galega e Galiña de Mos que participaron no espazo para as razas autóctonas denominado "De Nós para Vós", con exposición e venda dos produtos de raza e presentación das marcas dos criadores.

No seguinte enlace STANDS EXPOSITORES DE NOS PARA VOS- SALIMAT 2014, hai un documento gráfico sobre a exposición e venda dos criadores e a participación activa nos catro días de feira.


Ler Máis »

uploads/9/news/img_9133.jpg

GRANDE ÉXITO DA CARNE DE AUTÓCTONAS NO RESTAURANTE TAPIRAZAS (SALIMAT 2014)

Salimat-Semana Verde 2014. Silleda (12-15 de xuño de 2014)

No restaurante TapiRazas, propiedade da Federación de razas autóctonas de Galicia -BOAGA, fixemos degustacións de todas as nosas razas autóctonas. Os menús foron elaborados polo equipo do restaurante Andarubel- Fragas do Eume, de Pontedeume, capitaneados polo chef Antonio Díaz. O éxito foi tal que se agotou o produto previsto todos os días. O comentario resumo xeral era “está boísimo todo”.

Dende a Federación, BOAGA, queremos agradecer e felicitar a Antonio e ao seu equipo de profesionais, por querer colaborar con nos, sen eles o éxito non sería tal. Con bo produto, boa preparación, elaboración e presentación o éxito estivo garantido.

A continuación, pinchando en MENÚS TAPIRAZAS 2014, mostramos o documento gráfico de moitos dos pratos degustados e mais de distintos momentos nos 4 días que durou a feira.


Ler Máis »

uploads/9/news/img_5685.jpg

SALIMAT COMERCIALIZARÁ CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE DE SILLEDA DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014

DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014, RECINTO FEIRAL DE SILLEDA (PONTEVEDRA)

Doce criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación de Razas autóctonas de Galicia - BOAGA, presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en perigo de extinción, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda, onde se celebra o XVIII SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT do 12 ao 15 de xuño de 2014.

 


Ler Máis »

uploads/9/news/tapirazas-2014.png

PRESENTACIÓN DUN MENÚ DEGUSTACIÓN CON RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO TAPIRAZAS, SALIMAT -SEMANA VERDE 2014

DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014, RECINTO FEIRAL DE SILLEDA (PONTEVEDRA)

Neste ano 2014 e dentro das actividades a celebrar do 12 ao 15 de xuño no XVIII Salón de Alimentación do Atlántico – Salimat, no pavillón nº 1 do recinto feiral de Silleda, dentro da 37ª Feria Internacional Semana Verde de Galicia, BOAGA presenta por segundo ano consecutivo TapiRazas, un restaurante de tapas con produtos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción.

Xunto con BOAGA e as asociacións de criadores de cada unha das razas pertencentes á Federación, participarán o cociñeiro , e as Antonio Díaz Calvo (restaurante ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME)bodegas Fernández Rodriguez S.C. - ADEGA DA CAPELA e ADEGA CACHÍN S.C., cos viños Pousadoiro (Ribeiro) e Peza do Rei (Ribeira Sacra).

Para descargar o menú pincha en: MENÚ TAPIRAZAS 2014


Ler Máis »

uploads/9/news/programa-xornadas-tecnicas-2014-silleda.png

XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX) NA SEMANA VERDE 2014

do 13 ao 15 de xuño de 2014. PAVILLÓN DE GANDERÍA, nº3 (O carón do Stand de BOAGA)

Un ano mais, coincidindo coa 37 Edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, BOAGA (Federación de Razas Autóctonas de Galicia) organiza unhas xornadas técnicas de Razas Autóctonas Galegas co fin de fomentar a formación e especialización do sector gandeiro, tanto dos seus socios coma do público en xeral. Con elas pretendemos dar a coñecer distintos aspectos relacionados coa cría destas razas e cos seus produtos.

Máis información descargando no seguinte enlace o programa adxunto: XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX)


Ler Máis »

uploads/9/news/img-20140524-wa0004.jpg

AS RAZAS AUTÓCTONAS NA FEIRA DE PRODUCTOS DO CAMPO E ARTESANÍA EN LUGO.

23-25 maio 2014 -Lugo

Estase a celebrar a Feira de artesanía e produtos do campo na praza Agro do Rolo, no barrio da Milagrosa en Lugo. O criador Jorgue Anguez, de Triacastela de “Cachenas de San Breixo”, está cunha carpa promocionando a súa explotación e mais facendo promoción das razas autóctonas e dos seus produtos. A feira comenzou o venres 23 e poderase visitar ata  mañá, domingo 25 de maio.


Ler Máis »

uploads/9/news/festa-da-filloa-en-muimenta-1-de-maio-de-2014.jpg

EXPOSICIÓN RAZAS AUTÓCTONAS NA FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA 1 DE MAIO 2014

1 de maio de 2014. Recinto feiral "Manuel Vila" - Muimenta

30.04.2014. Mañá día 1 de maio celebrarase en Muimenta (Cospeito, Lugo) a tradicional Festa da Filloa, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Este evento sempre vai acompañado dunha serie de actividades entre as que se atopa unha exposición de razas autóctonas, de xeito que os visitantes poderán, ademais de degustar as tradicionais filloas, contemplar exemplares das razas Ovella Galega e Galiña de Mos propiedade dos criadores da provincia de Lugo, José Barreira Alonso (Muimenta) e Luis Fernández Fernández (Riotorto)


Ler Máis »

uploads/9/news/dsc06905_1.jpg

PREGUNTAS MAIS FRECUENTES SOBRE A PAC 2014-2020 E SOBRE AS CESIÓNS DE DEREITOS DE PAGO ÚNICO

29 de abril de 2014

Os documentos que se anexan a continuación  non teñen carácter legal senón informativo, e o seu obxecto é contribuir a respostar ás preguntas mais frecuentes que adoitan formularse en relación coas novas axudas directas da PAC que serán de aplicación a partires de 2015. Así mesmo infórmase no segundo documento sobre os efectos que terán no ano 2015, as cesións de dereitos de pago único que se realicen en 2014.

Os documentos pódense descargar nos pdf adxuntos e a través da páxina web de FEDERAPES www.federapes.com

    PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE A PAC 2014-2010

   DEREITOS DE PAGO ÚNICO 2014


Ler Máis »

O INORDE ABRE O PRAZO PARA ADQUIRIR RAZAS AUTÓCTONAS POR PARTE DOS GANDEIROS

30/03/2022
uploads/9/news/imagen-solicitude_inorde.png

As bases que regulan a venda destes exemplares foron aprobadas pola Comisión Executiva deste organismo o pasado 11 de marzo, e publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia

Os animais que se poden adquirir son: Galiña de Mos, Porco Celta, Ovella Galega e Cabra Galega

Para máis información poden consultarse as bases publicadas  e os enlaces de descarga das solicitudes dende a PÁXINA DO INORDE:

Razas Autóctonas: Normativa e Solicitudes – Instituto Ourensano de Desarrollo Económico – INORDE

 

O Inorde abre o prazo para adquirir os seus animais de razas autóctonas en perigo de extinción :

Galiña de Mos

O prezo por unidade dos polos dun día de raza “Galiña de Mos” é de 1 euro. Para elo, os interesados deberán ter rexistro de gandaría (REGA).

Ovella Galega e Cabra Galega

No caso da Ovella e da Cabra Galega o seu prezo será de 60 euros por animal para as femias maiores de seis meses inscritas no Libro Xenealóxico, e de 40 euros para as ovellas menores de seis meses e de 45 euros para as cabras de menos de seis meses.

Os solicitantes deberán estar en posesión do código de explotación ovino/caprino. Ademais, no momento da entrega deberán acreditar que teñen un carneiro (no caso da ovella galega) ou castrón (no caso da cabra galega) de dita raza ou cursada a correspondente solicitude deste animal. Así mesmo, comprométense a non sacrificalos no prazo dun ano e as cordeiras e as cabritas deberán cruzarse, exclusivamente, con machos inscritos no libro xenealóxico.

Porco celta

A venda de Porco Celta será de lotes máximos por solicitante e ano de porcas xestantes ou porcas de recría 4 unidades, e de verrons, 1 unidade. Os prezos serán os de mercado e tomaranse como base os publicados na prensa provincial e autonómica cada semana. Os solicitantes deberán estar en posesión do código de explotación porcina, estar dado de alta nunha agrupación de defensa sanitaria, no caso de solicitantes de porcas de recría deberán acreditar que dispoñen dun verrón de raza de porco celta, e terán prioridade os gandeiros que teñan na súa explotación porcos inscritos no libro xenealóxico de raza porco celta.

Ademais, os solicitantes comprométense a que as porcas preñadas de recría e verróns inscritos no libro xenealóxico, a non sacrificalas no prazo dun ano, así como a cruzar as porcas exclusivamente con machos inscritos neste libro.

Solicitudes

Os interesados en adquirir ditos animais poderán presentar as súas solicitudes desde mañá ata o 31 de decembro de 2022. Os animais irán entregándose, no caso de cumprir con todos os requisitos esixidos en ditas bases, en rigorosa orde de rexistro, revisándose as listas os días 1 e 15 de cada mes. En todos os casos, o transporte de ditos animais corre por conta do gandeiro.

Para máis información poden consultarse as bases publicadas  e os enlaces de descarga das solicitudes dende a PÁXINA DO INORDE:

Razas Autóctonas: Normativa e Solicitudes – Instituto Ourensano de Desarrollo Económico – INORDE

BOP: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=72&fecha=20220329


|
| © Boaga 2022