A FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA-BOAGA EN COLABORACIÓN CO COCIÑEIRO ANTONIO DÍAZ DO RESTAURANTE ANDARUBEL, PRESENTAN NO 20º SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT, UN MENÚ DEGUSTACIÓN CON RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO TAPIRAZAS. Neste ano ...
Quince criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación de Razas autóctonas de Galicia - BOAGA, presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en ...
O pasado sábado 23 de abril, un grupo de cociñeiros promocionaron mediante un showcooking ás razas autóctonas no Mercado Municipal de Pontevedra. Os chef Iñaki Bretal, Rubén Vallejo e Rocío Garrido cociñaron Tataki de raza ...
A Asociación Cultural Arracada, do concello ourensán do Irixo, organiza este venres, 4 de marzo e o sábado día 5, a primeira edición das Xornadas de Dinamización e Aproveitamento Sostible Dos montes Do Irixo. Nestas ...
O sábado 19 de marzo celébrase a “Xuntanza Cabalar os Casás” en Cerdido. Ao remate das carreiras, sortearase un cabrito de Raza Cabra Galega, aportado por un dos socios de CAPRIGA procedente dunha explotación do Concello de Cerdido.
Máis información en “XUNTANZA CABALAR OS CASÁS”
O domingo 7 de febreiro celebrouse a Feira do Grelo das Pontes. Como novidade este ano houbo unha mostra de razas autóctonas organizada polo concello da localidade e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga. ...
O domingo 7 de febreiro celébrase a XXXVI Feira do Grelo Nas Pontes de García Rodríguez, provincia da Coruña. Alí haberá unha mostra de razas autóctonas onde estará a Galiña de Mos , Ovella Gallega, ...
Mañá comeza unha nova edición de Xantar, a 17ª edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, que se celebrará do 3 ao 7 de febreiro de 2016 no recinto Feiral Expourense,(Finca Sevilla s/n ...
06.06.2013. Este ano, Boaga organiza as Xornadas Técnicas das Razas Autóctonas de Galicia en Perigo de Extinción no marco da 36ª Semana Verde de Galicia. Terán lugar no recinto Feira Internacional de Galicia de Silleda a fin de semana do 15 e 16 de xuño.
Nestas xornadas trataránse diversos temas sobre as razas autóctonas en perigo de extinción (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Galiña de Mos, Ovella Galega e Porco Celta): os seus censos e distribución en España, sistemas de explotación e producións artesanais, características produtivas, de canal e de carne e programas de conservación, así como un módulo sobre economía nas explotacións gandeiras.
A temática vai dirixida aos criadores e ao público en xeral coa finalidade de dar a coñecer mellor as características das razas e fomentar tanto a súa crianza, respectuosa co medio ambiente e sostible, coma o seu consumo, dado que son carnes de alta calidade e características especiais.
O programa completo das xornadas pódese consultar no seguinte enlace: