06.06.2013. Este ano, Boaga organiza as Xornadas Técnicas das Razas Autóctonas de Galicia en Perigo de Extinción no marco da 36ª Semana Verde de Galicia. Terán lugar no recinto Feira Internacional de Galicia de Silleda a fin de semana do 15 e 16 de xuño.
Nestas xornadas trataránse diversos temas sobre as razas autóctonas en perigo de extinción (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Galiña de Mos, Ovella Galega e Porco Celta): os seus censos e distribución en España, sistemas de explotación e producións artesanais, características produtivas, de canal e de carne e programas de conservación, así como un módulo sobre economía nas explotacións gandeiras.
A temática vai dirixida aos criadores e ao público en xeral coa finalidade de dar a coñecer mellor as características das razas e fomentar tanto a súa crianza, respectuosa co medio ambiente e sostible, coma o seu consumo, dado que son carnes de alta calidade e características especiais.
O programa completo das xornadas pódese consultar no seguinte enlace:
Este ano o restaurante Tapirazas foi un fervedoiro de comensais!, tanto que nos 4 días das degustacións superáronse as previsións de anos anteriores, e agotouse a mercancía. Aoredor de 1000 menús foron servidos polo cociñeiro ...
Este ano 2018, as razas autóctonas galegas foron as auténticas protagonistas, con exposicións e concursos de todo tipo. Este ano participaron un total de 52 criadores das seguintes razas autóctonas: 6 criadores de Cachena, 3 ...
ABANCA e a Federación de razas autóctonas de Galicia (Boaga) renovaron o convenio financiero, co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a viabilidade económica do primario galego. Este convenio é a continuación do asinado ...
7 ao 10 de xuño,vaise celebrar unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, esta xa é a 41ª edición, e tamén se celebra o 22º salón de alimentación do Atlántico- SALIMAT. ...
O 8 de maio, Ramón Vázquez (criador das razas Cachena, Ovella Galega e Galiña de Mos e operador autorizado para o logotipo 100% Raza Autóctona),participou no programa de radio “Monforte na Onda” e foi entrevistado ...
Do 6 ao 8 de abril de 2018, estivemos na MOEXMU a mostra de exposicións de Muimenta (Lugo) a representar ás nosas razas autóctonas galegas. Ainda que o tempo desluciu a feira, o público interesouse ...
Na Feira de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrou en Ourense do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro, a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, contou cun restaurante atendido polo equipo do cociñeiro Antonio ...
No stand de Boaga participaron produtores de razas autóctonas con venda de produto e asesoramento das súas marcas. Ofrecemos durante os cinco días de feira información sobre as razas autóctonas e asesoramento para a creación ...