XORNADAS TÉCNICAS DAS RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA EN PERIGO DE EXTINCIÓN NA 36ª SEMANA VERDE DE GALICIA

[XORNADAS TÉCNICAS DAS RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA EN PERIGO DE EXTINCIÓN NA 36ª SEMANA VERDE DE GALICIA - uploads/9/news/cartel_xornadas.jpg]

06.06.2013. Este ano, Boaga organiza as Xornadas Técnicas das Razas Autóctonas de Galicia en Perigo de Extinción no marco da 36ª Semana Verde de Galicia. Terán lugar no recinto Feira Internacional de Galicia de Silleda a fin de semana do 15 e 16 de xuño.

Nestas xornadas trataránse diversos temas sobre as razas autóctonas en perigo de extinción (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Galiña de Mos, Ovella Galega e Porco Celta): os seus censos e distribución en España, sistemas de explotación e producións artesanais, características produtivas, de canal e de carne e programas de conservación, así como un módulo sobre economía nas explotacións gandeiras.

A temática vai dirixida aos criadores e ao público en xeral coa finalidade de dar a coñecer mellor as características das razas e fomentar tanto a súa crianza, respectuosa co medio ambiente e sostible, coma o seu consumo, dado que son carnes de alta calidade e características especiais.

O programa completo das xornadas pódese consultar no seguinte enlace:

Programa

 


Limpar

AS RAZAS AUTÓCTONAS NA VI FEIRA DE ARTESANÍA E PRODUTOS DA ZONA EN TRIACASTELA

TRIACASTELA (LUGO) sábado 4 de abril de 2015
[AS RAZAS AUTÓCTONAS NA VI FEIRA DE ARTESANÍA E PRODUTOS DA ZONA EN TRIACASTELA - uploads/9/news/feira-de-triacastela-2015.png]
O sábado día 4 de abril de 2015, celébrase a “VI Feira de Artesanía e Produtos da Zona” en Triacastela-Lugo. A partires das 10 da mañá na Praza do Consistorio, poderanse visitar os postos cos ...
Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN EN CIMAG-GANDAGRO 2015

do 19 ao 21 de febreiro de 2015. Recinto feiral de Silleda
[AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN EN CIMAG-GANDAGRO 2015 - uploads/9/news/cimag-gandagro-2015.png]
Do 19 ao 21 de febreiro de 2015, celébrase Cimag-GandAgro 2015, unha feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, no que haberá xornadas técnicas, concursos e exposicións. BOAGA xunto coas asociacións integradas, participarán con exposición ...
Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA FEIRA CABALAR DE SAN MARTIÑO DE TEO 2014

11 de novembro 2014, Lugar de Francos-Calo (Concello de Teo)
[AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA FEIRA CABALAR DE SAN MARTIÑO DE TEO 2014 - uploads/9/news/sanmartino2014web.jpg]
Mañá 11 de novembro, con motivo da Festa do San Martiño, celébrase en Teo , no lugar de Francos- Parroquia de Calo, a feira cabalar tradicional mais importante de Galicia, onde tamén participarán as nosas ...
Ler Máis »

CONVOCATORIA CURSOS DE PRIMEIROS AUXILIOS NO SECTOR AGROGANDEIRO E FORESTAL

[CONVOCATORIA CURSOS DE PRIMEIROS AUXILIOS NO SECTOR AGROGANDEIRO E FORESTAL - uploads/9/news/portada-curso-de-primeros-auxilios.jpg]
Vaise impartir cursos de  Formación de PRIMEIROS AUXILIOS  en 40 Concellos  de toda Galicia. É unha formación específicamente orientada e dirixida para os EMPREGADOS ou DESEMPREGADOS do sector  AGRICOLA, GANDEIRO E FORESTAL, e esta cofinanciada ...
Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTICIPARÁN NO EXPOLUGO 2014

4 e 5 de outubro de 2014, Recinto Feiral Lugo.
[AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTICIPARÁN NO EXPOLUGO 2014  - uploads/9/news/1380367_778554615540221_6863381916532599591_n.jpg]
Un ano mais, as razas autóctonas participarán nas actividades organizadas no EXPOLUGO 2014, con motivo das festas de San Froilán os días 4 e 5 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo ...
Ler Máis »

FEIRA DAS CABRAS DE MERLÁN 2014

Domingo 21 de septiembre
[FEIRA DAS CABRAS DE MERLÁN 2014 - uploads/9/news/10665281_805500649502397_6715841882028246736_n.jpg]
O próximo domingo 21, celébrase a tradicional "FESTA DAS CABRAS DE MERLÁN" organizada como todos os anos pola Asociación de Veciños de Santo Tomé de Merlán,con presencia de Capriga Asociación de Gandeiros de Cabra Galega,exposición ...
Ler Máis »

A CARNE DE RAZA CACHENA NO V FEIRÓN MEDIEVAL DOS ANDRADE (PONTEDEUME)

4, 5 e 6 de xullo de 2014- Pontedeume (A Coruña)
[A CARNE DE RAZA CACHENA NO V FEIRÓN MEDIEVAL DOS ANDRADE (PONTEDEUME) - uploads/9/news/img-20140704-wa0003.jpg]
Dende hoxe venres ata o domingo 6, poderase degustar no Feirón medieval dos Andrade en Pontedeume BURGUER DE TENREIRA CACHENA , BOLOS PREÑADOS E LISCOS. O posto está preparado por Asociación de Veciños da Nogueirosa Parroquia e Xente de ...
Ler Máis »

EXPOSICIÓN DE ANIMAIS NA SEMANA VERDE 2014. RESULTADOS DOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS DAS RAZAS CACHENA, VIANESA, CALDELÁ E GALIÑA DE MOS

Semana Verde 2014. Silleda (12-15 de xuño de 2014)
[EXPOSICIÓN DE ANIMAIS NA SEMANA VERDE 2014. RESULTADOS DOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS DAS RAZAS CACHENA, VIANESA, CALDELÁ  E GALIÑA DE MOS - uploads/9/news/img_6334.jpg]

Fai uns días rematou a Feira Internacional de Galicia-Semana Verde 2014. Foron uns días cheos de actividades e promoción das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Queremos felicitar a todolos gandeiros que quixeron participar ...

Ler Máis »