TAPIRAZAS. NOVO ÉXITO DE PARTICIPACIÓN
Un ano máis, a federación puxo a disposición de todo o público da Semana Verde o restaurante TAPIRAZAS, exclusivamente adicado ás autóctonas.
Co bo sabor de boca que nos deixou a pasada edición, desta volta fomos reincidentes tanto a hora de contar co equipo como co chef Antonio Díaz do "Restaurante Andarubel-Fragas do Eume", de Pontedeume. E como non podía ser doutro xeito non defraudaron. Sen o traballo de todos eles non sería posible dar servicio a tantos visitantes..
O que lle pedíamos e que presentase as nosas razas dun xeito atractivo a todos os que nunca as tiveran probado. E doutra banda, conseguir que os asiduos cada ano a esta cita non viran frustradas a súas expectativas. Obxetivo cumprido.
Algúns pratos do MENÚ.
PRESENTACIÓN DO RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE PONTEVEDRA
23.05.2013. Mañá, sábado 25 de maio, ás 12.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Pontevedra. A continuación, a autora firmará exemplares na ...
EXPOSICIÓN RAZAS AUTÓCTONAS NA FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA
UN RESTAURANTE DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR
A Cabra Galega cobrou protagonismo na feira monográfica de GandAgro
O segundo monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebrou no recinto da Feira Internacional de Galicia do 8 ao 19 de marzo, contou cunha ampla representación das razas autóctonas galegas que ...
Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas
O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, ...