Limpar

CATRO CRIADORES DAS NOSAS RAZAS PARTICIPARON NAS X XORNADAS DE RAZAS AUTÓCTONAS ESPAÑOLAS ORGANIZADAS POR FEDERAPES.

Decembro 2015-Ourense
[CATRO CRIADORES DAS NOSAS RAZAS PARTICIPARON NAS X XORNADAS DE RAZAS AUTÓCTONAS ESPAÑOLAS ORGANIZADAS POR FEDERAPES. - uploads/9/news/img_3513.jpg]

O día 10 de decembro celebráronse en Ourense as X xornadas de razas autóctonas españolas na que se abordaron distintos temas sobre a situación das razas autóctonas en perigo de extinción, e onde participaron en ...

Ler Máis »

ÉXITO DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO EXPOLUGO 2015

Lugo. días 3 e 4 de outubro de 2015
[ÉXITO DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO EXPOLUGO 2015 - uploads/9/news/expolugo-2015-modificado.jpg]
Os días 3 e 4 de outubro e con motivo das festas de San Froilán, celebrouse en Lugo outra edición da feira Expolugo Mostra Gandeira 2015, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo Celebráronse ...
Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS E OS SEUS PRODUTOS SERÁN AS PROTAGONISTAS NA FEIRA EXPOLUGO 2015

Lugo. días 3 e 4 de outubro de 2015
[AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS E OS SEUS PRODUTOS SERÁN AS PROTAGONISTAS NA FEIRA EXPOLUGO 2015 - uploads/9/news/cartel-expolugo-2015-724x1024.jpg]

Este fin de semana, e con motivo das festas de San Froilán, os días 3 e 4 de outubro vaise celebrar en Lugo outra edición da feira EXPOLUGO, sito no Pazo de Feiras e Congresos ...

Ler Máis »

AS AUTÓCTONAS NA FESTA MEDIEVAL DE MACEDA

SÁBADO, 15 DE AGOSTO DE 2015
[AS AUTÓCTONAS NA FESTA MEDIEVAL DE MACEDA - uploads/9/news/cartel-festa-medieval-maceda15.jpg]

As autóctonas de Maceda tamén quixeron participar desta Festa Medieval. O Concello de Maceda conta con máis de unha ducia de explotacións adicadas a cría de razas autóctonas en perigo de extinción. A implantación de ...

Ler Máis »

PRODUTO VENDIDO EN SALIMAT

[PRODUTO VENDIDO EN SALIMAT - uploads/9/news/dsc_0045.jpg]

O 19º SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT pechaba con unha importante afluencia de público especialmente na xornada do domingo día 15. Os visitantes podían mercar, nos stands que puxemos a disposición dos nosos gandeiros, carne ...

Ler Máis »

TAPIRAZAS. NOVO ÉXITO DE PARTICIPACIÓN

[TAPIRAZAS. NOVO ÉXITO DE PARTICIPACIÓN - uploads/9/news/dsc_0097.jpg]

Un ano máis, a federación puxo a disposición de todo o público da Semana Verde o restaurante TAPIRAZAS, exclusivamente adicado ás autóctonas. Co bo sabor de boca que nos deixou a pasada edición, desta volta fomos ...

Ler Máis »

MENÚ DEGUSTACIÓN DE AUTÓCTONAS NO TAPIRAZAS

[MENÚ DEGUSTACIÓN DE AUTÓCTONAS NO TAPIRAZAS - uploads/9/news/mjawec0tms0wlxvwbg9hzhmvos9uzxdzl2ltz185mtmzlmpwzw1.jpg]

BOAGA presenta por terceiro ano consecutivo TapiRazas, un restaurante de tapas ubicado como en pasadas edicións no interior do pavillón nº 1 do recinto feiral de Silleda. Donde o cociñeiro Antonio Díaz Calvo (de restaurante ...

Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTÍCIPES NA XORNADA SOBRE BOSQUES SOSTIBLES E GASTRONOMÍA GALEGA.

Centro Superior de Hostelería de Galicia. Santiago. 06/05/2015
[AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTÍCIPES NA XORNADA SOBRE BOSQUES SOSTIBLES E GASTRONOMÍA GALEGA. - uploads/9/news/dscn9833.jpg]
O mércores 6 de mayo impartiuse una xornada sobre “Bosques Sostenibles y Gastronomía Gallega. PEFC, garantía de trazabilidad de los productos del bosque”, na Escola Superior de Hostelería de Galicia en Santiago de Compostela. O encontro foi ...
Ler Máis »

SEMANA VERDE -SALIMAT 2018

Do 7 ao 10 de xuño de 2018
[SEMANA VERDE -SALIMAT 2018 - uploads/9/news/logo_semana_verde.jpg]

 

7 ao 10 de xuño,vaise celebrar unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, esta xa é a 41ª edición, e tamén se celebra o 22º salón de alimentación do Atlántico- SALIMAT. 

BOAGA xunto coas asociación integradas e os seus criadores participarán con diversas actividades descritas a continuación:

ACTIVIDADES CON ANIMAIS VIVOS

  • 5º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS Este campeonato estará dividido en tres certames no que os criadores de Avimós poderán participar coas súas aves en concurso por lotes ou en concurso individual:
  • 7ª exposición e concurso por lotes de Galiña de Mos-Semana Verde 2018, no que participarán varios criadores con exemplares de toda España. Os lotes estarán formados de 3 galiñas e 1 galo.
  • XI Concurso Monográfico da Galiña de Mos, onde se exponen os mellores exemplares a nivel nacional.
  • 4º Concurso “A GALIÑA DE MOS E OS SEUS POLIÑOS”, onde participarán lotes de galiña cos seus poliños. Este concurso pretende promocionar as galiñas da raza como nais para que o público poida observar a cría dos poliños naturalmente e non en incubadora. Preténdese que o concurso teña una proxección publicitaria máis que competitiva, polo que o público asistente será o encargado de seleccionar co seu voto os mellores lotes.

 

  • EXPOSICIÓN E CONCURSOS MORFOLÓXICOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS BOVINAS GALEGAS.

Celebraranse 5 concursos morfolóxicos con exemplares adultos das nosas razas autóctonas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa.

  • VII CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CACHENA.
  • VI CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA VIANESA
  • V CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CALDELÁ
  • IVCONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA LIMIÁ
  • II CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA FRIEIRESA.

 

  • EXPOSICIÓN DE EXEMPLARES VIVOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS OVELLA GALEGA E CABRA GALEGA.

 

  • MERCADO DE AVES VIVAS: existirá un mercado de aves vivas montado un ano máis en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia. Poranse á venda exemplares da raza Galiña de Mos no que participarán varios produtores da Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos-Avimós.

 

A ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS MONOGRÁFICOS RAZAS AUTÓCTONAS FARASE:

O domingo día 10 de xuño, no pabellón de gandería, farase a entrega de premios de tódolos concursos monográficos co seguinte horario:

  • Ás 19:00 entrega de premios dos concursos raza Porco Celta.
  • Ás 19:10 entrega de premios do VII CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CACHENA.
  • Ás 19:20 entrega de premios do V CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CALDELÁ
  • Ás 19:30 entrega de premios do II CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA FRIEIRESA.
  • Ás 19:40 entrega de premios do IVCONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA LIMIÁ
  • Ás 19:500 entrega de premios do VI CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA VIANESA
  • Ás 20:00 entrega de premios do 5º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS

 

ACTIVIDADES EN SALIMAT (SALÓN DE ALIMENTACIÓN DO ATLÁNTICO):

COMERCIALIZACIÓN DA CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO ESPAZO “DE NOS PARA VOS”.

Boaga e quince criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación, presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en perigo de extinción a través de 17 stands, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda, onde se celebra o SALIMAT 2018

Os criadores participan coas súas marcas comerciais, unha oportunidade única de facer contactos e de promocionar estes produtos únicos, experiencia que repiten moitos deles. Dos produtos que se presentarán, hai carne e derivados cárnicos de vacún de Cachena, Caldelá, Limiá, carne de cordeiro de Ovella Galega e de cabrito de Cabra Galega, así coma Polos, Galos, Pulardas e ovos de raza Galiña de Mos. Os produtores que participan este ano, preséntanse coas seguintes marcas individuais: “GANADERÍA BALÍN”, “CACHENAS DE PANTÓN”,“CACHENAS DE SAN BREIXO”, “EXPLOTACIÓN JUAN M. LAGE”, “GANDERÍA TRAS DO RÍO”, “GRANXA CASTRO DE MADROSENDE, “AVES DO CONCELLO”, “CHOUSA DO LEA”, “DAVID SUEIRO- AVICULTURA ARTESANAL”, “GACARLI S. L.”, “GRANXA AEIROA” “A GRANXA DE LOLA”, “CRUGALO”, “GALOS MACEIROS” “GRANXA TEIXEIRO E PISTÓN”.

Ademáis estaremos con dous stands propios “BOAGA” e “TAPIRAZAS” onde se asesorará sobre as razas autóctonas, os produtos derivados, as actividades que se están a realizar, e onde estarán dispoñibles os tikets para o menú degustación de razas autóctonas do restaurante TapiRazas.

 

O TAPIRAZAS ESTARÁ PRESENTE UN ANO MAIS

BOAGA EN COLABORACIÓN CO COCIÑEIRO ANTONIO DÍAZ DO RESTAURANTE ANDARUBEL, PRESENTAN NO SALIMAT UN MENÚ DEGUSTACIÓN CON RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS.

TapiRazas, un restaurante de tapas con produtos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción, ten por obxectivo promocionar as razas autóctonas galegas e os seus produtos, poñendo en valor as excelentes cualidades culinarias e sensoriais, diferenciándose como produtos únicos e de calidade, coa garantía e certificado do logo 100% raza autóctona.

Xunto con BOAGA e as asociacións de criadores de cada unha das razas pertencentes á Federación, participarán o cociñeiro Antonio Díaz Calvo (restaurante ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME).

ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME, elaborará as tapas cos produtos das razas autóctonas galegas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega, Galiña de Mos e Porco Celta que se acompañarán de pan e bebida. O menú degustación con produtos de autóctonas consta de dezaseis tapas distintas, distribuídas en 4 tapas distintas para cada día da feira, bebida e pan.

TapiRazas estará en funcionamento de xoves a domingo a partires das 13:00 h no pavillón 1, cun menú degustación.

MÁIS INFORMACIÓN  NO SEGUINTE ENLACE; SEMANA VERDE 2018