7 ao 10 de xuño,vaise celebrar unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, esta xa é a 41ª edición, e tamén se celebra o 22º salón de alimentación do Atlántico- SALIMAT.
BOAGA xunto coas asociación integradas e os seus criadores participarán con diversas actividades descritas a continuación:
ACTIVIDADES CON ANIMAIS VIVOS
Celebraranse 5 concursos morfolóxicos con exemplares adultos das nosas razas autóctonas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa.
A ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS MONOGRÁFICOS RAZAS AUTÓCTONAS FARASE:
O domingo día 10 de xuño, no pabellón de gandería, farase a entrega de premios de tódolos concursos monográficos co seguinte horario:
ACTIVIDADES EN SALIMAT (SALÓN DE ALIMENTACIÓN DO ATLÁNTICO):
COMERCIALIZACIÓN DA CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO ESPAZO “DE NOS PARA VOS”.
Boaga e quince criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación, presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en perigo de extinción a través de 17 stands, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda, onde se celebra o SALIMAT 2018
Os criadores participan coas súas marcas comerciais, unha oportunidade única de facer contactos e de promocionar estes produtos únicos, experiencia que repiten moitos deles. Dos produtos que se presentarán, hai carne e derivados cárnicos de vacún de Cachena, Caldelá, Limiá, carne de cordeiro de Ovella Galega e de cabrito de Cabra Galega, así coma Polos, Galos, Pulardas e ovos de raza Galiña de Mos. Os produtores que participan este ano, preséntanse coas seguintes marcas individuais: “GANADERÍA BALÍN”, “CACHENAS DE PANTÓN”,“CACHENAS DE SAN BREIXO”, “EXPLOTACIÓN JUAN M. LAGE”, “GANDERÍA TRAS DO RÍO”, “GRANXA CASTRO DE MADROSENDE”, “AVES DO CONCELLO”, “CHOUSA DO LEA”, “DAVID SUEIRO- AVICULTURA ARTESANAL”, “GACARLI S. L.”, “GRANXA AEIROA” “A GRANXA DE LOLA”, “CRUGALO”, “GALOS MACEIROS” “GRANXA TEIXEIRO E PISTÓN”.
Ademáis estaremos con dous stands propios “BOAGA” e “TAPIRAZAS” onde se asesorará sobre as razas autóctonas, os produtos derivados, as actividades que se están a realizar, e onde estarán dispoñibles os tikets para o menú degustación de razas autóctonas do restaurante TapiRazas.
O TAPIRAZAS ESTARÁ PRESENTE UN ANO MAIS
BOAGA EN COLABORACIÓN CO COCIÑEIRO ANTONIO DÍAZ DO RESTAURANTE ANDARUBEL, PRESENTAN NO SALIMAT UN MENÚ DEGUSTACIÓN CON RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS.
TapiRazas, un restaurante de tapas con produtos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción, ten por obxectivo promocionar as razas autóctonas galegas e os seus produtos, poñendo en valor as excelentes cualidades culinarias e sensoriais, diferenciándose como produtos únicos e de calidade, coa garantía e certificado do logo 100% raza autóctona.
Xunto con BOAGA e as asociacións de criadores de cada unha das razas pertencentes á Federación, participarán o cociñeiro Antonio Díaz Calvo (restaurante ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME).
ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME, elaborará as tapas cos produtos das razas autóctonas galegas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega, Galiña de Mos e Porco Celta que se acompañarán de pan e bebida. O menú degustación con produtos de autóctonas consta de dezaseis tapas distintas, distribuídas en 4 tapas distintas para cada día da feira, bebida e pan.
TapiRazas estará en funcionamento de xoves a domingo a partires das 13:00 h no pavillón 1, cun menú degustación.
MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE; SEMANA VERDE 2018
23.05.2013. Mañá, sábado 25 de maio, ás 12.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Pontevedra. A continuación, a autora firmará exemplares na ...
29.04.2013. O próximo 1 de maio celebrarase en Muimenta (Cospeito, Lugo) a tradicional Festa da Filloa, declarada recentemente Festa de Interese Turístico de Galicia. Este evento sempre vai acompañado dunha serie de actividades entre as que este ano queremos destacar unha exposición de razas autóctonas, de xeito que os visitantes poderán, ademais de degustar as tradicionais filloas, contemplar exemplares das razas Ovella galega, Cabra Galega e Galiña de Mos propiedade de distintos criadores da comarca.
Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de marzo, é unha feira que alcanza a súa décimo cuarta edición e que transforma o recinto de Expourense nun gran centro de restauración. En 12.000 metros cadrados cubertos recréase unha vintena de restaurantes con todos os detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que se elaboran os menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo.
O segundo monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebrou no recinto da Feira Internacional de Galicia do 8 ao 19 de marzo, contou cunha ampla representación das razas autóctonas galegas que ...
O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, ...