RESULTADOS DOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE 2017

Silleda (Pontevedra).8-11 xuño 2017
uploads/9/news/fot_-familia_-premiados-silleda-2017.jpg

·      Pechouse una grande edición da Feira Semana Verde de Galicia. Houbo récord de participación con 51 criadores nos diferentes concursos das razas Galiña de Mos e das bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa, así como exposición de animais das razas Ovella Galega e Cabra Galega.

Nos seguintes enlaces pódense descargar as fotos dos premiados tanto nos concursos da Galiña de Mos, así coma das Bovinas Galegas e os participantes en Ovella Galega e Cabra Galega,  e dos animais premiados:

PREMIADOS GALIÑA DE MOS. PREMIADOS BOVINAS GALEGAS; PARTICIPANTES OVELLA E CABRA GALEGA

ANIMAIS PREMIADOS SEMANA VERDE 2017

Os resultados foron os seguintes:

4º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS Este campeonato estivo dividido en tres certames no que os criadores de Avimós puideron participar coas súas aves en concurso por lotes ou en concurso individual. destacan a alta calidade xenética dos galos e galiñas participantes, os resultados foron os seguintes

Na categoría de galos:

1º PREMIO: galo pertencente a José Luis Freire Castedo, de Pol, Lugo.

2º PREMIO: galo pertencente a Javier Riqueza Lois de Pontevedra.

3º PREMIO: galo pertencente a Cruz Lucía Grille Negreira, de Tordoia, A Coruña.

Na categoría de galiñas:

1º PREMIO: galiña pertencente a Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.

2º PREMIO: galiña pertencente a José Luis Freire Castedo, de Pol, Lugo.

3º PREMIO: galiña pertencente a María José Castro Abonjo de Vila de Cruces. Pontevedra.
 

No Concurso por lotes:

1º PREMIO: lote pertencente a José Luis Freire Castedo, de Pol, Lugo.

2ºPREMIO: lote pertencente a Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.

3º PREMIO: lote pertencente a Lourdes Mulet Abeledo, de Lalín Pontevedra.

 

No Concurso a Galiña e os seus poliños, os gañadores decidíronse por votación popular de todos os asistentes a feira que quixeron emitir o seu voto.

Os resultados foron os seguintes:

1º PREMIO: lote de galiña e poliños de Mari Luz Gómez Fernández, de Ordes, A Coruña con 242 puntos.

2º PREMIO: lote de galiña e poliños de Cruz Grille Negreira, de Tordoia, A Coruña con 183 puntos.

3º PREMIO: lote de galiña e poliños de Mari Luz Gómez Fernández, de Ordes, A Coruña con 147 puntos.

 

A gañadora do sorteo entre todos os participantes na votación popular do Concurso a Galiña e os Poliños, cun lote de produtos da nosa raza foi Dolores Vázquez García, de Palas de Rei, Lugo.

 

   EXPOSICIÓN E CONCURSOS MORFOLÓXICOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS BOVINAS GALEGAS.

Celebráronse 5 concursos morfolóxicos con exemplares adultos das nosas razas autóctonas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. As mellores reproductoras das razas bovinas participaron nos diferentes concursos morfolóxicos. Os resultados foron os seguintes:

 

I CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA FRIEIRESA

Este ano por primeira vez celebrouse o primeiro concurso morfolóxico da raza Frieiresa. Os premiados foron os seguintes:

1º PREMIO: “FESTA” pertencente á gandería de José Rodríguez Teijeiro -GANADERÍA ARMENTAL (Armental-Begonte -Lugo)

2º PREMIO: “FIAÑA” pertencente á gandería de Francisco Manuel Penabad Pita (Caxigueiras-Ortigueira-Coruña)

3º PREMIO: “FORNALLEIRA” pertencente á ganadería de Alberto Cortés González (Xunqueira de Espadañedo-Ourense)

 

III CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA LIMIÁ

Os premiados no terceiro concurso morfolóxico da  Raza Limiá Semana Verde de Galicia 2017 foron:

 

1º PREMIO: “LAGA” pertencente á gandería de Lisardo López Blanco  (Baltar -Ourense)

2º PREMIO: “LIXEIRA” pertencente á gandería de Lisardo López Blanco  (Baltar -Ourense)

3º PREMIO: “LENTA” pertencente á gandería de Dolores Rodríguez González (Rairiz de Veiga-Ourense)

 

IV CONCURSO MORFOLÓXICO RAZA CALDELÁ 

Os premios no cuarto concurso morfolóxico da  Raza Caldelá Semana Verde de Galicia 2017 foron:

1º PREMIO: “CABANA” pertencente á gandería de Ana y Alejandro SC (Neipín- Vilaboa, A Pontenova, Lugo)

2º PREMIO: “CELOSA” pertencente á gandería de Juan Manuel Lage Cid (Foncuberta-Maceda-Ourense)

3º PREMIO: “CIGÜEÑA” pertencente á gandería de José González Carballo (Maceda-Ourense)

 

RESULTADOS DO V CONCURSO MORFOLÓXICO RAZA VIANESA

Os premios no quinto concurso morfolóxico da Raza Vianesa Semana Verde de Galicia 2017 foron:

1º PREMIO: “QUINA” pertencente á gandería de Ganado de Lemos, S.L. (Seteventos- O Saviñao- Lugo)

2º PREMIO: “ALTEA” pertencente á gandería de Fernando Bouzas Bentín (Antequera- Rois- A Coruña)

3º PREMIO: “VIPERLA” pertencente á gandería de Ganado de Lemos, S.L (Seteventos- O Saviñao- Lugo)

 

 

VI CONCURSO MORFOLÓXICO RAZA CACHENA

Os premios no sexto concurso morfolóxico da Raza Cachena Semana Verde de Galicia 2017 foron:

1º PREMIO: “CARRIZA” pertencente á gandería de Gonzalo Seoane Prado (Oleiros-Vilalba-Lugo)

2º PREMIO: “CANTERA” pertencente á gandería de Mª Rebeca Yañez Candamil-“Gandería Tras do Rio” (Loiba-Ortigueira- A Coruña)

3º PREMIO: “RUFINA” pertencente á gandería de Ramón Vázquez Fernández (Monforte de Lemos -Lugo)

 

Noraboa a todos os participantes!


Limpar
uploads/9/news/festa_filloa.jpg

EXPOSICIÓN RAZAS AUTÓCTONAS NA FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA

29.04.2013. O próximo 1 de maio celebrarase en Muimenta (Cospeito, Lugo) a tradicional Festa da Filloa, declarada recentemente Festa de Interese Turístico de Galicia. Este evento sempre vai acompañado dunha serie de actividades entre as que este ano queremos destacar unha exposición de razas autóctonas, de xeito que os visitantes poderán, ademais de degustar as tradicionais filloas, contemplar exemplares das razas Ovella galega, Cabra Galega e Galiña de Mos propiedade de distintos criadores da comarca.


Ler Máis »

uploads/9/news/tarjeton_hr3j_1.peg

UN RESTAURANTE DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR

Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de marzo, é unha feira que alcanza a súa décimo cuarta edición e que transforma o recinto de Expourense nun gran centro de restauración. En 12.000 metros cadrados cubertos recréase unha vintena de restaurantes con todos os detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que se elaboran os menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo.


Ler Máis »

uploads/9/news/cabra_galega_gandagro.jpg

A Cabra Galega cobrou protagonismo na feira monográfica de GandAgro

O segundo monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebrou no recinto da Feira Internacional de Galicia do 8 ao 19 de marzo, contou cunha ampla representación das razas autóctonas galegas que ...


Ler Máis »

uploads/9/news/foto_posta_de_largo.jpg

Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas

O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, ...


Ler Máis »


|
| © Boaga 2021