PRESENTACIÓN DO RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE PONTEVEDRA
23.05.2013. Mañá, sábado 25 de maio, ás 12.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Pontevedra. A continuación, a autora firmará exemplares na caseta da Libraría Pedreira.
O receitario, editado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, xa conta no seu haber cun dos Gourmand World Cookbook Awards de 2012, galardóns de ámbito internacional cos que se distingue a produción editorial gastronómica e que recoñeceron esta publicación como o mellor libro de cociña sostible de España.
Cociñando coas razas autóctonas inclúe receitas elaboradas pola propia autora con carnes de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios derivados das devanditas razas.
Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1976) é afeccionada á cociña e editora do blog La cocina de mi abuelo. O denominador común de todas as receitas de Cociñando coas razas autóctonas é a sinxeleza, xa que se poden facer cuns poucos ingredientes coñecidos e asequibles, “que todo o mundo ten no refrixerador”.
Este é o primeiro libro da autora pontevedresa, cuxa presentación oficial tivo lugar o pasado xuño no Salon de Alimentación do Atlántico (Salimat). Neste acto, Rocío puntualizaba que “cando un produto é bo non se necesita moito condimento”.
PRESENTACIÓN DO RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE PONTEVEDRA
23.05.2013. Mañá, sábado 25 de maio, ás 12.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Pontevedra. A continuación, a autora firmará exemplares na ...
EXPOSICIÓN RAZAS AUTÓCTONAS NA FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA
UN RESTAURANTE DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR
A Cabra Galega cobrou protagonismo na feira monográfica de GandAgro
O segundo monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebrou no recinto da Feira Internacional de Galicia do 8 ao 19 de marzo, contou cunha ampla representación das razas autóctonas galegas que ...
Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas
O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, ...