O RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” TAMÉN SE PRESENTARÁ NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA

[O RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” TAMÉN SE PRESENTARÁ NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA - uploads/9/news/portada_autoctonas_3.jpg]

29.07.2013. Este xoves 1 de agosto, ás 18.30 horas, Rocío Garrido Caramés, acompañada por membros do equipo técnico da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Baoga presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na 42ª edición da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar nos xardíns Méndez Núñez da cidade herculina e que se extenderá desde o día 1 ata o próximo 11 de agosto.

O receitario, editado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, conta cun dos premios Gourmand World Cookbook de 2012, galardóns de ámbito internacional cos que se distingue a produción editorial gastronómica e que recoñeceron esta publicación como a mellor de cociña sostible de España do ano pasado.

Cociñando coas razas autóctonas inclúe receitas elaboradas pola propia autora con carnes de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios derivados das devanditas razas.

Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1976) é afeccionada á cociña e editora do blog La cocina de mi abuelo.


Limpar

CATRO CRIADORES DAS NOSAS RAZAS PARTICIPARON NAS X XORNADAS DE RAZAS AUTÓCTONAS ESPAÑOLAS ORGANIZADAS POR FEDERAPES.

Decembro 2015-Ourense
[CATRO CRIADORES DAS NOSAS RAZAS PARTICIPARON NAS X XORNADAS DE RAZAS AUTÓCTONAS ESPAÑOLAS ORGANIZADAS POR FEDERAPES. - uploads/9/news/img_3513.jpg]

O día 10 de decembro celebráronse en Ourense as X xornadas de razas autóctonas españolas na que se abordaron distintos temas sobre a situación das razas autóctonas en perigo de extinción, e onde participaron en ...

Ler Máis »

ÉXITO DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO EXPOLUGO 2015

Lugo. días 3 e 4 de outubro de 2015
[ÉXITO DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO EXPOLUGO 2015 - uploads/9/news/expolugo-2015-modificado.jpg]
Os días 3 e 4 de outubro e con motivo das festas de San Froilán, celebrouse en Lugo outra edición da feira Expolugo Mostra Gandeira 2015, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo Celebráronse ...
Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS E OS SEUS PRODUTOS SERÁN AS PROTAGONISTAS NA FEIRA EXPOLUGO 2015

Lugo. días 3 e 4 de outubro de 2015
[AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS E OS SEUS PRODUTOS SERÁN AS PROTAGONISTAS NA FEIRA EXPOLUGO 2015 - uploads/9/news/cartel-expolugo-2015-724x1024.jpg]

Este fin de semana, e con motivo das festas de San Froilán, os días 3 e 4 de outubro vaise celebrar en Lugo outra edición da feira EXPOLUGO, sito no Pazo de Feiras e Congresos ...

Ler Máis »

AS AUTÓCTONAS NA FESTA MEDIEVAL DE MACEDA

SÁBADO, 15 DE AGOSTO DE 2015
[AS AUTÓCTONAS NA FESTA MEDIEVAL DE MACEDA - uploads/9/news/cartel-festa-medieval-maceda15.jpg]

As autóctonas de Maceda tamén quixeron participar desta Festa Medieval. O Concello de Maceda conta con máis de unha ducia de explotacións adicadas a cría de razas autóctonas en perigo de extinción. A implantación de ...

Ler Máis »

PRODUTO VENDIDO EN SALIMAT

[PRODUTO VENDIDO EN SALIMAT - uploads/9/news/dsc_0045.jpg]

O 19º SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT pechaba con unha importante afluencia de público especialmente na xornada do domingo día 15. Os visitantes podían mercar, nos stands que puxemos a disposición dos nosos gandeiros, carne ...

Ler Máis »

TAPIRAZAS. NOVO ÉXITO DE PARTICIPACIÓN

[TAPIRAZAS. NOVO ÉXITO DE PARTICIPACIÓN - uploads/9/news/dsc_0097.jpg]

Un ano máis, a federación puxo a disposición de todo o público da Semana Verde o restaurante TAPIRAZAS, exclusivamente adicado ás autóctonas. Co bo sabor de boca que nos deixou a pasada edición, desta volta fomos ...

Ler Máis »

MENÚ DEGUSTACIÓN DE AUTÓCTONAS NO TAPIRAZAS

[MENÚ DEGUSTACIÓN DE AUTÓCTONAS NO TAPIRAZAS - uploads/9/news/mjawec0tms0wlxvwbg9hzhmvos9uzxdzl2ltz185mtmzlmpwzw1.jpg]

BOAGA presenta por terceiro ano consecutivo TapiRazas, un restaurante de tapas ubicado como en pasadas edicións no interior do pavillón nº 1 do recinto feiral de Silleda. Donde o cociñeiro Antonio Díaz Calvo (de restaurante ...

Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTÍCIPES NA XORNADA SOBRE BOSQUES SOSTIBLES E GASTRONOMÍA GALEGA.

Centro Superior de Hostelería de Galicia. Santiago. 06/05/2015
[AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTÍCIPES NA XORNADA SOBRE BOSQUES SOSTIBLES E GASTRONOMÍA GALEGA. - uploads/9/news/dscn9833.jpg]
O mércores 6 de mayo impartiuse una xornada sobre “Bosques Sostenibles y Gastronomía Gallega. PEFC, garantía de trazabilidad de los productos del bosque”, na Escola Superior de Hostelería de Galicia en Santiago de Compostela. O encontro foi ...
Ler Máis »