O RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” TAMÉN SE PRESENTARÁ NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA

[O RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” TAMÉN SE PRESENTARÁ NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA - uploads/9/news/portada_autoctonas_3.jpg]

29.07.2013. Este xoves 1 de agosto, ás 18.30 horas, Rocío Garrido Caramés, acompañada por membros do equipo técnico da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Baoga presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na 42ª edición da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar nos xardíns Méndez Núñez da cidade herculina e que se extenderá desde o día 1 ata o próximo 11 de agosto.

O receitario, editado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, conta cun dos premios Gourmand World Cookbook de 2012, galardóns de ámbito internacional cos que se distingue a produción editorial gastronómica e que recoñeceron esta publicación como a mellor de cociña sostible de España do ano pasado.

Cociñando coas razas autóctonas inclúe receitas elaboradas pola propia autora con carnes de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios derivados das devanditas razas.

Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1976) é afeccionada á cociña e editora do blog La cocina de mi abuelo.


Limpar

PRESENTACIÓN DO RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE PONTEVEDRA

[PRESENTACIÓN DO RECEITARIO  “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE PONTEVEDRA - uploads/9/news/portada_autoctonas_1.jpg]

23.05.2013. Mañá, sábado 25 de maio, ás 12.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Pontevedra. A continuación, a autora firmará exemplares na ...

Ler Máis »

EXPOSICIÓN RAZAS AUTÓCTONAS NA FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA

[EXPOSICIÓN RAZAS AUTÓCTONAS NA FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA - uploads/9/news/festa_filloa.jpg]
29.04.2013. O próximo 1 de maio celebrarase en Muimenta (Cospeito, Lugo) a tradicional Festa da Filloa, declarada recentemente Festa de Interese Turístico de Galicia. Este evento sempre vai acompañado dunha serie de actividades entre as ...
Ler Máis »

UN RESTAURANTE DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR

[UN RESTAURANTE DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR - uploads/9/news/tarjeton_hr3j_1.peg]
Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de marzo, é unha feira que alcanza a súa décimo cuarta edición e que transforma o recinto de Expourense ...
Ler Máis »

A Cabra Galega cobrou protagonismo na feira monográfica de GandAgro

[A Cabra Galega cobrou protagonismo na feira monográfica de GandAgro - uploads/9/news/cabra_galega_gandagro.jpg]

O segundo monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebrou no recinto da Feira Internacional de Galicia do 8 ao 19 de marzo, contou cunha ampla representación das razas autóctonas galegas que ...

Ler Máis »

Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas

[Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas - uploads/9/news/foto_posta_de_largo.jpg]

O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, ...

Ler Máis »