Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas

[Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas - uploads/9/news/foto_posta_de_largo.jpg]

O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, a carnicería, a venda delicatessen e o turismo, ademais de medios de comunicación. Tratouse dun acto exclusivamente profesional coorganizado pola Fundación Semana Verde de Galicia e a Consellería do Medio Rural, coa colaboración de Boaga e Puraga, co obxectivo de promocionar de forma conxunta todas as razas e impulsar o consumo e a comercialización da súa produción.

A parte máis atractiva da xornada foi a completa degustación de pratos elaborados con carnes destas razas polos alumnos do Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, baixo a dirección do profesor Rafael Brantuas; Boaga encargouse de contactar cos criadores para abastecer aos cociñeiros das distintas pezas solicitadas. Integraron o menú estas 11 propostas culinarias: sopa de Galiña de Mos con castañas asadas, Galo de Mos en escabeche con follas frescas, tirabuzóns de presa de Porco Celta con mollo de boletos, Cordeiro de Ovella galega con mollo de améndoas, cabrito de Cabra Galega á cazadora con ceboliñas, poldro de Cabalo Galego ao viño de mencía, roastbeef de tenreira Cachena, tacos ao allo de tenreira Caldelá, tenreira Frieiresa ao caldeiro, carbonada de tenreira Limiá e carpaccio de tenreira Vianesa.

O xantar foi inaugurado polo daquela conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e conforme se ía servindo cada prato, os técnicos das asociacións de criadores de cada raza explicábanlles aos comensais as principais cualidades do produto.

O programa deste evento incluíu ademais unha serie de charlas técnicas previas á degustación. A sesión comezou cunha presentación das características morfolóxicas e cárnicas das razas autóctonas galegas a cargo do director de Boaga, José Ramón Justo Feijoo, quen na súa intervención destacou que para que exista unha demanda destes produtos é fundamental que antes se dean a coñecer.

Seguidamente interveu Constantino Bragado, mestre carniceiro do Centro Tecnolóxico da Carne (Ceteca), que falou das novas orientacións no comercio minorista de carnes e insistiu na necesidade de adaptarse aos tempos e buscar a profesionalización tanto dos gandeiros coma dos transformadores industriais e do persoal técnico das oficinas. No terceiro relatorio da mañá tamén participaron traballadores do Ceteca. Daniel Franco, responsable do Laboratorio Físico-Químico, e José Manuel Lorenzo, responsable do Laboratorio de Cromotografía, profundaron nas calidades da canal e carne das razas autóctonas galegas e nos aspectos prácticos para unha correcta maduración e conservación; tras a explicación levaron a cabo unha cata de lombo de poldro para testar a aceptación deste produto entre os consumidores.

A quenda de conferencias rematou coa cooperativa galega Monte Cabalar e a presentación que fixo dun novo salchichón preparado con carne magra de poldro e touciño de Porco Celta, salientable pola pouca cantidade de graxa, a riqueza en omega 3 e o suave sabor a caza.

Ao longo deste día, o recinto feiral mantivo unha exposición de varios exemplares de autóctonas no exterior, e da carne crúa destes animais e mais de folletos informativos, catálogos e revistas no interior das instalacións.


Limpar

PUBLICADA A ÚLTIMA MODIFICACIÓN DE RESOLUCIÓN DAS AXUDAS A EXTENSIVO

DOG nº 74, do mércores 16 de abril de 2014.
[PUBLICADA A ÚLTIMA MODIFICACIÓN DE RESOLUCIÓN DAS AXUDAS A EXTENSIVO  - uploads/9/news/caratula-anuncio-16-de-abril-de-2014_1.png]
Estas axudas foran convocadas na Resolución do 31 de decembro de 2013 (orde 3 de abril de 2013), destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réxime extensivo. Nesta última modificación ...
Ler Máis »

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA AS AXUDAS PAC 2014

DATA LÍMITE: 15 MAIO 2014
[ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA AS AXUDAS PAC 2014 - uploads/9/news/caratula-axudas-pac-2014.png]
Está aberto o prazo de solicitude PAC 2014. ORDE do 18 de febreiro de 2014 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural ...
Ler Máis »

O RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” TAMÉN SE PRESENTARÁ NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA

[O RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” TAMÉN SE PRESENTARÁ NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA - uploads/9/news/portada_autoctonas_3.jpg]
29.07.2013. Este xoves 1 de agosto, ás 18.30 horas, Rocío Garrido Caramés, acompañada por membros do equipo técnico da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Baoga presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas ...
Ler Máis »

PUBLICADO O REAL DECRETO 505/2013 QUE REGULA O USO DO LOGOTIPO "RAZA AUTÓCTONA" NOS PRODUTOS DE ORIXE ANIMAL

[PUBLICADO O REAL DECRETO 505/2013 QUE REGULA O USO DO LOGOTIPO "RAZA AUTÓCTONA" NOS PRODUTOS DE ORIXE ANIMAL - uploads/9/news/logo_raza_autoctona-680x334_1.jpg]
Hoxe día 24 de xullo de 2013, publicouse no BOE , o Real Decreto 505/2013, de 28 de junio, por el que se regula el uso del logotipo “raza autóctona” en los productos de origen ...
Ler Máis »

ROCÍO GARRIDO PRESENTARÁ “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO

[ROCÍO GARRIDO PRESENTARÁ “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO - uploads/9/news/portada_autoctonas_2.jpg]
03.07.2013. Este domingo 7 de xullo, ás 19.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Vigo, na Alameda - Praza de Compostela. Posteriormente ...
Ler Máis »

XORNADAS TÉCNICAS DAS RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA EN PERIGO DE EXTINCIÓN NA 36ª SEMANA VERDE DE GALICIA

[XORNADAS TÉCNICAS DAS RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA EN PERIGO DE EXTINCIÓN NA 36ª SEMANA VERDE DE GALICIA - uploads/9/news/cartel_xornadas_1.jpg]
06.06.2013. Este ano, Boaga organiza as Xornadas Técnicas das Razas Autóctonas de Galicia en Perigo de Extinción no marco da 36ª Semana Verde de Galicia. Terán lugar no recinto Feira Internacional de Galicia de Silleda ...
Ler Máis »

ROCÍO GARRIDO PRESENTARÁ O RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE OURENSE

[ROCÍO GARRIDO PRESENTARÁ O RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE OURENSE - uploads/9/news/portada-cocinando-coas-razas-autoctonas_1.jpg]
05.06.2013. Este sábado 8 de xuño, ás 12.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu receitario Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Ourense, que está instalada na Alameda da cidade. A continuación, ...
Ler Máis »

As razas autóctonas galegas terán un papel protagonista na Semana Verde

[As razas autóctonas galegas terán un papel protagonista na Semana Verde - uploads/9/news/dsc_0406.jpg]
29.05.2013. O recinto feiral de Silleda acollerá do 13 ao 16 de xuño a 36º Semana Verde de Galicia, unha edición na que as razas autóctonas galegas en perigo extinción serán sen dúbida as protagonistas ...
Ler Máis »