MENÚ DEGUSTACIÓN DE AUTÓCTONAS NO TAPIRAZAS
BOAGA presenta por terceiro ano consecutivo TapiRazas, un restaurante de tapas ubicado como en pasadas edicións no interior do pavillón nº 1 do recinto feiral de Silleda.
Donde o cociñeiro Antonio Díaz Calvo (de restaurante ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME), elaborará tapas cos produtos das autóctonas galegas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos.
Xunto con BOAGA e as asociacións de criadores de cada unha das razas, están representadas as bodegas Fernández Rodriguez S.C. - ADEGA DA CAPELA e ADEGA CACHÍN S.C., cos viños Pousadoiro (Ribeiro) e Peza do Rei (Ribeira Sacra), e ANCORA BROS BREWERY S.C coa súa marca “Cervexa Áncora”.
O MENÚ DEGUSTACIÓN con produtos de autóctonas consta de 17 tapas distintas, distribuídas en 5 tapas o xoves e 4 tapas o resto dos días da feira, acompañadas de pan e bebida.
TapiRazas estará en funcionamento para todos vostedes de xoves a domingo a partir das 13:00 h.
PRESENTACIÓN DO RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE PONTEVEDRA
23.05.2013. Mañá, sábado 25 de maio, ás 12.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Pontevedra. A continuación, a autora firmará exemplares na ...
EXPOSICIÓN RAZAS AUTÓCTONAS NA FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA
UN RESTAURANTE DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR
A Cabra Galega cobrou protagonismo na feira monográfica de GandAgro
O segundo monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebrou no recinto da Feira Internacional de Galicia do 8 ao 19 de marzo, contou cunha ampla representación das razas autóctonas galegas que ...
Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas
O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, ...