ÉXITO NA EXPOSICIÓN E VENDA DE PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS

Salimat-Semana Verde 2014. Silleda (12-15 de xuño de 2014)
[ÉXITO NA EXPOSICIÓN E VENDA DE PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS - uploads/9/news/stand-ganaderia-juan-m-lage.jpg]

No pavillón número 1 do recinto feiral, celebrouse o Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT, onde houbo 11 produtores das razas Cachena, Caldelá, Ovella Galega e Galiña de Mos que participaron no espazo para as razas autóctonas denominado "De Nós para Vós", con exposición e venda dos produtos de raza e presentación das marcas dos criadores. Os criadores que participaron coas súas marcas foron:

-“TIERRA CELTA”, de Porto do Son, A Coruña. Con produtos de raza Cachena

-“GALO CELTA” de Vila de Cruces, Pontevedra. Con produtos  de raza Galiña de Mos

-“ GRANXA CASTRO DE MADROSENDE” de Vila de Cruces, Pontevedra. Con produtos de raza Galiña de Mos

-“GACARLI S. L.” De Xinzo de Limia, Ourense. Con produtos de raza Ovella Galega, Limiá, Cachena, Caldelá, Vianesa, Frieiresa e Galiña de Mos.

-“GRANXA O´AGRO” de Vimianzo, A Coruña. Con produtos de raza Galiña de Mos.

-“GANDERÍA TRAS DO RÍO” de Ortigueira, A Coruña. Con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos.

-“GANDEIRÍA JUAN M. LAGE” de Maceda, Ourense. Con produtos da raza Caldelá.

-“RAMÓN VÁZQUEZ” de Monforte de Lemos, Lugo. Con produtos da raza Galiña de Mos

-“CACHENAS DE SAN BREIXO” de Triacastela, Lugo. Con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos.

-“GRANXA CHOUSA DO LEA” de Castro de Rei, Lugo. Con produtos da raza Galiña de Mos.

-“GRANXA AVES DO CONCELLO” de Vilalba, Lugo. Con produtos da raza Galiña de Mos.

No seguinte enlace STANDS EXPOSITORES DE NOS PARA VOS- SALIMAT 2014, hai un documento gráfico sobre a exposición e venda dos criadores e a participación activa nos catro días de feira.


Limpar

AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTIVERON NA FEIRA DO POLDRO EN MURAS

23 setembro 2018. Muras (Lugo)
[AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTIVERON NA FEIRA DO POLDRO EN MURAS - uploads/9/news/42439007_1310036965792886_3894398597067702272_n.jpg]

O pasado 23 de setembro, as razas autóctonas estiveron na Feira do Poldro e do Gando de monte, en Muras. Alí estivemos cun posto promocionando, asesorando e repartindo abundante información sobre as nosas razas autóctonas. ...

Ler Máis »

PRESENTADOS VARIOS TRABALLOS CIENTÍFICOS SOBRE AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS

26-29 setembro 2018. Murcia
[PRESENTADOS VARIOS TRABALLOS CIENTÍFICOS SOBRE AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS - uploads/9/news/20180927_140542.jpg]

Con motivo da celebración do XI Congreso Ibérico Sobre Recursos Genéticos Animales, celebrado en Murcia do 26 ao 28 de setembro, presentáronse varios traballos científicos sobre as nosas razas autóctonas. Neste congreso disertouse sobre as ...

Ler Máis »

CONCURRIDO DESFILE DE GANDO POLAS RÚAS DE LUGO

6 de Outubro 2018. Lugo
[CONCURRIDO DESFILE DE GANDO POLAS RÚAS DE LUGO - uploads/9/news/fot-desfile-pita_ovella_cabra.jpg]

As rúas do centro da cidade de Lugo, asistiron o pasado 6 de outubro a un desfile de gando polas rúas do centro da cidade, co que daba comezo outra edición da feira Expolugo. Entre ...

Ler Máis »

EXPOSICIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS E RESULTADOS DO VI CONCURSO-EXPOSICIÓN MONOGRÁFICO PROVINCIAL DA RAZA GALIÑA DE MOS.

6-7 Outubro 2018. LUgo
[EXPOSICIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS E RESULTADOS DO VI CONCURSO-EXPOSICIÓN MONOGRÁFICO PROVINCIAL DA RAZA GALIÑA DE MOS. - uploads/9/news/0-fot-criadores_familia.jpg]

Os días 6 e 7 de outubro celebrouse unha nova edición de Expolugo A Rural. Contou cunha importante exposición de gando procedente de explotacións da provincia de Lugo, no que houbo exemplares das razas bovinas ...

Ler Máis »

AS RAZAS OVELLA GALEGA E GALIÑA DE MOS ESTARÁN PRESENTES NA NOVA GRANXA ESCOLA “A CAPILLA” EN LENTELLAIS

12 outubro 2018. O Bolo (Ourense)
[AS RAZAS OVELLA GALEGA E GALIÑA DE MOS ESTARÁN PRESENTES NA NOVA GRANXA ESCOLA “A CAPILLA” EN LENTELLAIS - uploads/9/news/44027741_2019322878127889_7029831895466639360_n.jpg]

O venres 12 de outubro, presentouse a nova Granxa Escola “A CAPILLA”, na parroquia de Lentellais en O Bolo (Ourense). Esta granxa escola,  é propiedade de María Elisa Camino Leiro, criadora das razas Ovella Galega ...

Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTARÁN NA XXXI FEIRA DO POLDRO EN MURAS

23 setembro 2018. Muras (Lugo)
[AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTARÁN NA XXXI FEIRA DO POLDRO EN MURAS - uploads/9/news/fot-muras-2017.jpg]

Este domingo celébrase a tradicional "Feira do Poldro e do Gando do Monte" en Muras. Como tódolos anos, a feira comezará ás 10:00h no monte da Gañidoira con varias actividades. Alí estaremos, cun posto onde ...

Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTIVERON EN MACEDA

15 agosto 2018. Maceda (Ourense)
[AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTIVERON EN MACEDA - uploads/9/news/maceda-1.jpg]

O 15 de agosto, o lugar escollido para a exposición de gando das distintas razas autóctonas de Galicia que se celebrou con motivo da Feira Medieval de Maceda, foi a carballeira que rodea o Castelo ...

Ler Máis »

ÉXITO DE COMERCIALIZACIÓN DAS RAZAS AUTÓCTONAS EN SALIMAT 2018

7-10 de xuño 2018. Silleda- Pontevedra
[ÉXITO DE COMERCIALIZACIÓN DAS RAZAS AUTÓCTONAS EN SALIMAT 2018 - uploads/9/news/img-20180610-wa0024.jpg]

No Salón da Alimentación do Atlantico, que se celebrou en Semana Verde, na zona "DE NOS A VOS" espuxeron productos 100% RAZA AUTÓCTONA, os seguintes criadores: (ENLACE FOTOS STANDS CRIADORES RAZAS AUTÓCTONAS E SALIMAT.) ·         “GANADERÍA ...

Ler Máis »