Limpar
uploads/9/news/tarjeton_hr3j_1.peg

UN RESTAURANTE DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR

Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de marzo, é unha feira que alcanza a súa décimo cuarta edición e que transforma o recinto de Expourense nun gran centro de restauración. En 12.000 metros cadrados cubertos recréase unha vintena de restaurantes con todos os detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que se elaboran os menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo.


Ler Máis »

uploads/9/news/cabra_galega_gandagro.jpg

A Cabra Galega cobrou protagonismo na feira monográfica de GandAgro

O segundo monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebrou no recinto da Feira Internacional de Galicia do 8 ao 19 de marzo, contou cunha ampla representación das razas autóctonas galegas que ...


Ler Máis »

uploads/9/news/foto_posta_de_largo.jpg

Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas

O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, ...


Ler Máis »

SALIMAT COMERCIALIZARÁ CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE DE SILLEDA DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014

DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014, RECINTO FEIRAL DE SILLEDA (PONTEVEDRA)
uploads/9/news/img_5685.jpg

Doce criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación de Razas autóctonas de Galicia - BOAGA, presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en perigo de extinción, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda, onde se celebra o XVIII SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT do 12 ao 15 de xuño de 2014.

Este é o terceiro ano consecutivo no que os criadores participan coas súas marcas comerciais, unha oportunidade única de facer contactos e de promocionar estes produtos únicos, experiencia que repiten  moitos deles. Dos produtos que se presentarán, hai carne e derivados cárnicos de vacún de Cachena e Caldelá, carne de cordeiro de Ovella Galega, así coma Galos, Pulardas e ovos de Galiña de Mos. Os produtores que participan, preséntanse coas seguintes marcas: “TIERRA CELTA”, “GALO CELTA”, “CASTRO DE MADROSENDE”, “GACARLI S. L.”, “GRANXA O´AGRO”, “GALEGUESA- FACENDA O AGRO”, “GANDERÍA TRAS DO RÍO”, “GANDEIRÍA JUAN M. LAGE”, “RAMÓN VÁZQUEZ”, “CACHENAS DE SAN BREIXO”, “CHOUSA DO LEA”, “AVES DO CONCELLO”. Ao remate da feira esperan ter un balance positivo coma en edicións anteriores.


|
| © Boaga 2020