PUBLICADA A ÚLTIMA MODIFICACIÓN DE RESOLUCIÓN DAS AXUDAS A EXTENSIVO

DOG nº 74, do mércores 16 de abril de 2014.
uploads/9/news/caratula-anuncio-16-de-abril-de-2014.png

 

Estas axudas foran convocadas na Resolución do 31 de decembro de 2013 (orde 3 de abril de 2013), destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réxime extensivo. Nesta última modificación aparecen no Anexo I as solicitudes admitidas, e no Anexo II as solicitudes denegadas. Para máis información descargar o PDF.

Existe para ás persoas interesadas un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación desta proposta (ATA O 30 DE ABRIL 2014), para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que estimen conveniente  ante a Consellería do Medio Rural e do Mar. (Subdirección Xeral de Gandaría, Dirección Xeral de Produción Agropecuaria).

 

  Descargar PDF


Limpar
uploads/9/news/tarjeton_hr3j_1.peg

UN RESTAURANTE DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR

Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de marzo, é unha feira que alcanza a súa décimo cuarta edición e que transforma o recinto de Expourense nun gran centro de restauración. En 12.000 metros cadrados cubertos recréase unha vintena de restaurantes con todos os detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que se elaboran os menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo.


Ler Máis »

uploads/9/news/cabra_galega_gandagro.jpg

A Cabra Galega cobrou protagonismo na feira monográfica de GandAgro

O segundo monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebrou no recinto da Feira Internacional de Galicia do 8 ao 19 de marzo, contou cunha ampla representación das razas autóctonas galegas que ...


Ler Máis »

uploads/9/news/foto_posta_de_largo.jpg

Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas

O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, ...


Ler Máis »


|
| © Boaga 2020