Está aberto o prazo de solicitude PAC 2014. ORDE do 18 de febreiro de 2014 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2014. Xunto con ela tramítase a SOLICITUDE DE DEREITOS DE RESERVA NACIONAL.
Tamén se tramita conxuntamente o CES que inclúe a liña de mantemento de razas autóctonas en perigo de extinción. Pero só para aqueles beneficiarios da axuda que aínda non remataran compromisos (os expedientes do ano 2010). Consulten coa súa entidad de asesoramento.
Os novos criadores no caso de que non tivera solicitado nunca e non teña dereitos, debe presentar agora DECLARACIÓN DE SUPERFICES.
PRAZO LÍMITE -15 DE MAIO DE 2014
29.07.2013. Este xoves 1 de agosto, ás 18.30 horas, Rocío Garrido Caramés, acompañada por membros do equipo técnico da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Baoga presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na 42ª edición da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar nos xardíns Méndez Núñez da cidade herculina e que se extenderá desde o día 1 ata o próximo 11 de agosto.
Hoxe día 24 de xullo de 2013, publicouse no BOE , o Real Decreto 505/2013, de 28 de junio, por el que se regula el uso del logotipo “raza autóctona” en los productos de origen animal.
Este logotipo ten carácter voluntario, poderán utilizalo as asociacións de criadores de animais de razas autóctonas oficialmente recoñecidas e que o soliciten (condicións no anexo II), é compatible con outros etiquetados facultativos (según condicións art 4 do RD 505/2013).
As características así coma os contidos mínimos para redactar o prego de condicións de utilización do logotipo están recollidos nos anexos I e II do Real Decreto.
Descargar PDF Real Decreto 505/2013
03.07.2013. Este domingo 7 de xullo, ás 19.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Vigo, na Alameda - Praza de Compostela. Posteriormente farase a firma de libros.
06.06.2013. Este ano, Boaga organiza as Xornadas Técnicas das Razas Autóctonas de Galicia en Perigo de Extinción no marco da 36ª Semana Verde de Galicia. Terán lugar no recinto Feira Internacional de Galicia de Silleda a fin de semana do 15 e 16 de xuño.
05.06.2013. Este sábado 8 de xuño, ás 12.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu receitario Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Ourense, que está instalada na Alameda da cidade. A continuación, a autora asinará exemplares nas casetas das librerías onde se vende esta publicación.
29.05.2013. O recinto feiral de Silleda acollerá do 13 ao 16 de xuño a 36º Semana Verde de Galicia, unha edición na que as razas autóctonas galegas en perigo extinción serán sen dúbida as protagonistas dentro da área gandeira.
23.05.2013. Mañá, sábado 25 de maio, ás 12.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Pontevedra. A continuación, a autora firmará exemplares na ...
Doce criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación de Razas autóctonas de Galicia - BOAGA, presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en perigo de extinción, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda, onde se celebra o XVIII SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT do 12 ao 15 de xuño de 2014.
Este é o terceiro ano consecutivo no que os criadores participan coas súas marcas comerciais, unha oportunidade única de facer contactos e de promocionar estes produtos únicos, experiencia que repiten moitos deles. Dos produtos que se presentarán, hai carne e derivados cárnicos de vacún de Cachena e Caldelá, carne de cordeiro de Ovella Galega, así coma Galos, Pulardas e ovos de Galiña de Mos. Os produtores que participan, preséntanse coas seguintes marcas: “TIERRA CELTA”, “GALO CELTA”, “CASTRO DE MADROSENDE”, “GACARLI S. L.”, “GRANXA O´AGRO”, “GALEGUESA- FACENDA O AGRO”, “GANDERÍA TRAS DO RÍO”, “GANDEIRÍA JUAN M. LAGE”, “RAMÓN VÁZQUEZ”, “CACHENAS DE SAN BREIXO”, “CHOUSA DO LEA”, “AVES DO CONCELLO”. Ao remate da feira esperan ter un balance positivo coma en edicións anteriores.