Os días 10 e 11 de febreiro celebrouse no concello das Pontes de García Rodríguez unha nova edición da Feira do Grelo. Paralelamente realizouse unha mostra de razas autóctonas na que participaron os criadores Michiel ...
O sábado día 27 de xaneiro, celebrouse a II Feira Internacional do Cerdo e dos seus produtos en Sarria. Estivemos presentes cun stand en representación das nosas razas autóctonas. Con abundante información e asesoramento sobre ...
O mércores 24 de xaneiro, celebrouse unha xornada divulgativa sobre a Ovella Galega e Cabra Galega, no CIFP A GRANXA de Ponteareas. As charlas que foron impartidas pola mañá a cargo da directora técnica das ...
Polas rúas do centro de Lugo o día 7 de outubro houbo un bonito desfile de gando no que participaron as nosas razas autóctonas. Alí estiveron un galo e unha Galiña de Mos que transportaron ...
Con motivo da feira Expolugo tamén houbo unha serie de degustacións e presentacións de produtos das nosas razas autóctonas, durante os dous días que durou a feira. Estiveron presentes 15 marcas comerciais de produtores que ...
A exposición de fotografías Bestiarium, que estivo na sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo, remata cun grande éxito de visitantes. Na exposición ademáis das fotografías, os visitantes poderon ver vídeos das nosas razas ...
A exposición fotográfica Bestiarium, que se inaugurou na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo o xoves 28 de setembro, causou un gran impacto, xa que son imaxes moi diferentes das nosas razas autóctonas. É ...
Como en anos anteriores, as razas autóctonas galegas participarán na feira e mercado medieval de Maceda, que se celebrará o martes 15 de agosto. Os criadores Juan M Lage, Pilar Martínez, Concepción Gómez, José Manuel ...
03.07.2013. Este domingo 7 de xullo, ás 19.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Vigo, na Alameda - Praza de Compostela. Posteriormente farase a firma de libros.
Unha das librerías participantes na feira, a Libraría Pedreira, terá á venda exemplares de "Cociñando Coas Razas Autóctonas"
O receitario, editado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, conta cun dos premios Gourmand World Cookbook de 2012, galardóns de ámbito internacional cos que se distingue a produción editorial gastronómica e que recoñeceron esta publicación como a mellor de cociña sostible de España.
Cociñando coas razas autóctonas inclúe receitas elaboradas pola propia autora con carnes de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios derivados das devanditas razas.
Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1976) é afeccionada á cociña e editora do blog La cocina de mi abuelo.