Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas

uploads/9/news/foto_posta_de_largo.jpg

O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, a carnicería, a venda delicatessen e o turismo, ademais de medios de comunicación. Tratouse dun acto exclusivamente profesional coorganizado pola Fundación Semana Verde de Galicia e a Consellería do Medio Rural, coa colaboración de Boaga e Puraga, co obxectivo de promocionar de forma conxunta todas as razas e impulsar o consumo e a comercialización da súa produción.

A parte máis atractiva da xornada foi a completa degustación de pratos elaborados con carnes destas razas polos alumnos do Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, baixo a dirección do profesor Rafael Brantuas; Boaga encargouse de contactar cos criadores para abastecer aos cociñeiros das distintas pezas solicitadas. Integraron o menú estas 11 propostas culinarias: sopa de Galiña de Mos con castañas asadas, Galo de Mos en escabeche con follas frescas, tirabuzóns de presa de Porco Celta con mollo de boletos, Cordeiro de Ovella galega con mollo de améndoas, cabrito de Cabra Galega á cazadora con ceboliñas, poldro de Cabalo Galego ao viño de mencía, roastbeef de tenreira Cachena, tacos ao allo de tenreira Caldelá, tenreira Frieiresa ao caldeiro, carbonada de tenreira Limiá e carpaccio de tenreira Vianesa.

O xantar foi inaugurado polo daquela conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e conforme se ía servindo cada prato, os técnicos das asociacións de criadores de cada raza explicábanlles aos comensais as principais cualidades do produto.

O programa deste evento incluíu ademais unha serie de charlas técnicas previas á degustación. A sesión comezou cunha presentación das características morfolóxicas e cárnicas das razas autóctonas galegas a cargo do director de Boaga, José Ramón Justo Feijoo, quen na súa intervención destacou que para que exista unha demanda destes produtos é fundamental que antes se dean a coñecer.

Seguidamente interveu Constantino Bragado, mestre carniceiro do Centro Tecnolóxico da Carne (Ceteca), que falou das novas orientacións no comercio minorista de carnes e insistiu na necesidade de adaptarse aos tempos e buscar a profesionalización tanto dos gandeiros coma dos transformadores industriais e do persoal técnico das oficinas. No terceiro relatorio da mañá tamén participaron traballadores do Ceteca. Daniel Franco, responsable do Laboratorio Físico-Químico, e José Manuel Lorenzo, responsable do Laboratorio de Cromotografía, profundaron nas calidades da canal e carne das razas autóctonas galegas e nos aspectos prácticos para unha correcta maduración e conservación; tras a explicación levaron a cabo unha cata de lombo de poldro para testar a aceptación deste produto entre os consumidores.

A quenda de conferencias rematou coa cooperativa galega Monte Cabalar e a presentación que fixo dun novo salchichón preparado con carne magra de poldro e touciño de Porco Celta, salientable pola pouca cantidade de graxa, a riqueza en omega 3 e o suave sabor a caza.

Ao longo deste día, o recinto feiral mantivo unha exposición de varios exemplares de autóctonas no exterior, e da carne crúa destes animais e mais de folletos informativos, catálogos e revistas no interior das instalacións.


Limpar
uploads/9/news/foto-familia-recortada.png

AS RAZAS AUTÓCTONAS E OS SEUS CRIADORES TRIUNFARON EN SEMANA VERDE 2018

7-10 de xuño 2018. Silleda- Pontevedra

Este ano 2018, as razas autóctonas galegas foron as auténticas protagonistas, con exposicións e concursos de todo tipo. Este ano participaron un total de 52 criadores das seguintes razas autóctonas: 6 criadores de Cachena, 3 ...


Ler Máis »

uploads/9/news/img-20180608-wa0100.jpg

NOVO CONVENIO 2018 ABANCA-BOAGA

Xuño 2018.

ABANCA e a Federación de razas autóctonas de Galicia (Boaga) renovaron o convenio financiero, co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a viabilidade económica do primario galego. Este convenio é a continuación do asinado ...


Ler Máis »

uploads/9/news/logo_semana_verde.jpg

SEMANA VERDE -SALIMAT 2018

Do 7 ao 10 de xuño de 2018

  7 ao 10 de xuño,vaise celebrar unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, esta xa é a 41ª edición, e tamén se celebra o 22º salón de alimentación do Atlántico- SALIMAT.  ...


Ler Máis »

uploads/9/news/32073147_1195626563900594_4944344940743229440_n.jpg

PROMOCIÓN DAS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS NO COLEXIO MONTE BALIÑO DE PANTÓN.

8 de maio 2018. Pantón (Lugo)

O 8 de maio, Ramón Vázquez (criador das razas Cachena, Ovella Galega e Galiña de Mos e operador autorizado para o logotipo 100% Raza Autóctona),participou no programa de radio “Monforte na Onda” e foi entrevistado ...


Ler Máis »

uploads/9/news/moexmu.jpg

AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS PARTICIPARON NA MOEXMU DE MUIMENTA

6-8 Abril 2018. Muimenta (Lugo)

Do 6 ao 8 de abril de 2018, estivemos na MOEXMU a mostra de exposicións de Muimenta (Lugo) a representar ás nosas razas autóctonas galegas. Ainda que o tempo desluciu a feira, o público interesouse ...


Ler Máis »

uploads/9/news/27540635_1127845350678716_2938740176933752824_n.jpg

GRAN ÉXITO DAS RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR

31 xaneiro ao 4 de febreiro 2018. Ourense

Na Feira de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrou en Ourense do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro, a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, contou cun restaurante atendido polo equipo do cociñeiro Antonio ...


Ler Máis »

uploads/9/news/27500286_1127827760680475_4670858832054325869_o.jpg

OS CRIADORES DAS RAZAS AUTÓCTONAS PROTAGONISTAS NO XANTAR

31 xaneiro 4 de febreiro 2018. Ourense

No stand de Boaga participaron produtores de razas autóctonas con venda de produto e asesoramento das súas marcas. Ofrecemos durante os cinco días de feira información sobre as razas autóctonas e asesoramento para a creación ...


Ler Máis »

uploads/9/news/img-20180203-wa0020.jpg

ESTIVEMOS PRESENTES NA "I FEIRA DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS DA MARIÑA" NO VALADOURO.

3 de febreiro de 2018. O Valadouro (Lugo)

No concello do Valadouro, na provincia de Lugo, celebrouse o sábado 3 de febreiro a primeira edición dunha nova Feira de Razas Autóctonas. Baixo unha carpa concentrouse un importante número de cabezas de gando bovino, ...


Ler Máis »


|
| © Boaga 2021