Limpar
uploads/9/news/festa_filloa.jpg

EXPOSICIÓN RAZAS AUTÓCTONAS NA FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA

29.04.2013. O próximo 1 de maio celebrarase en Muimenta (Cospeito, Lugo) a tradicional Festa da Filloa, declarada recentemente Festa de Interese Turístico de Galicia. Este evento sempre vai acompañado dunha serie de actividades entre as que este ano queremos destacar unha exposición de razas autóctonas, de xeito que os visitantes poderán, ademais de degustar as tradicionais filloas, contemplar exemplares das razas Ovella galega, Cabra Galega e Galiña de Mos propiedade de distintos criadores da comarca.


Ler Máis »

uploads/9/news/tarjeton_hr3j_1.peg

UN RESTAURANTE DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR

Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de marzo, é unha feira que alcanza a súa décimo cuarta edición e que transforma o recinto de Expourense nun gran centro de restauración. En 12.000 metros cadrados cubertos recréase unha vintena de restaurantes con todos os detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que se elaboran os menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo.


Ler Máis »

uploads/9/news/cabra_galega_gandagro.jpg

A Cabra Galega cobrou protagonismo na feira monográfica de GandAgro

O segundo monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebrou no recinto da Feira Internacional de Galicia do 8 ao 19 de marzo, contou cunha ampla representación das razas autóctonas galegas que ...


Ler Máis »

uploads/9/news/foto_posta_de_largo.jpg

Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas

O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, ...


Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS E OS SEUS CRIADORES TRIUNFARON EN SEMANA VERDE 2018

7-10 de xuño 2018. Silleda- Pontevedra
uploads/9/news/foto-familia-recortada_xNopd5l.png

Este ano 2018, as razas autóctonas galegas foron as auténticas protagonistas, con exposicións e concursos de todo tipo. Este ano participaron un total de 52 criadores das seguintes razas autóctonas: 6 criadores de Cachena, 3 de raza Caldelá, 4 de raza Frieiresa, 3 de raza Limiá, 3 de raza Vianesa, 4 de raza Cabra Galega, 2 de raza Ovella Galega e 27 criadores de raza Galiña de Mos.

Dende a federación queremos felicitar a tódolos criadores que participaron e se implicaron nesta fantástica edición de Semana Verde 2018. Noraboa a todos!.

Nos seguintes enlaces pódense descargar as fotos dos agasallos a tódolos participantes e premiados:

CRIADORES DE VACÚN DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS

PREMIADOS NOS CONCURSOS MORFOLOXICOS DAS RAZAS CACHENA, CALDELÁ, FRIEIRESA, LIMIÁ E VIANESA.

CRIADORES PARTICIPANTES DE OVELLA GALEGA E CABRA GALEGA

CRIADORES PARTICIPANTES E PREMIADOS NO V CAMPIONATO DA RAZA GALIÑA DE MOS

OBSEQUIOS A DIRECTOR SEMANA VERDE E XUÍCES CAMPIONATO GALIÑA DE MOS

Estes foron tódolos criadores e explotacións participantesen concursos e exposicións, con exemplares das distintas razas autóctonas:

Pola Raza Cachena participaron: Rebeca Yánez Candamil (“Gandeíra Tras do Río” de Loiba Ortigueira- Coruña); María del Carmen Álvarez Álvarez (“Cachenas de Pantón” de Pantón- Lugo); Jordi Ánguez Grases (“Cachenas de San Breixo”- Triacastela-Lugo), Gonzalo Seoane Prado (de Vilalba- Lugo); José Antonio Calvo Paredes (de Montouto- Curtis- a Coruña); Marco Vázquez López (de Ourol-Lugo)

Pola Raza Caldelá participaron: José González Carballo (de Maceda-Ourense); Juan Manuel Lage Cid (Explotación Juan M Lage, de Maceda-Ourense), e Roberto Louzán Alonso (de Viascón-Cotobade-Pontevedra)

Pola Raza Frieiresa participaron:  Francisco Manuel Penabad Pita (de As Neves- Ortigueira- Coruña); José Rodríguez Teijeiro (de Donalbai- Begonte-Lugo); Alberto Cortés González (A Graña- Xunqueira-Ourense) e Isidro Peleteiro García (de Cerdedo- Pontevedra).

Pola Raza Limiá os participantes foron: Jesús Pardal Castro (de Rois- A Coruña), Antonio Pérez (Ganadería Balín- de Verea-Ourense) e Lisardo López Blanco (de Xinzo de Limia- Ourense)

Pola raza Vianesa participaron: Fernando Bouzas Bentín (de Rois- A Coruña), Roberto Lago Lago (de Outes- A Coruña), e José Blanco Blanco (Ganadería Cimadevila S.C.; de Cimadevila-Montederramo-Ourense)

Os criadores participantes pola raza Cabra Galega foron: Miguel Cordero Souto (Granxa Teixeiro e Pistón; de Becerreá-Lugo), María Teresa Fernández Mosquera (Santiago-A Coruña); Jaime Fernández Sanjurjo (de Cerdido- A Coruña) e José Antonio Liñares Rey (“Finca A Ferreira”, de Paramos- Val do Dubra- A Coruña).

Pola Ovella Galega participaron: Luis Fernández Fernández (de Riotorto- Lugo) e Álvaro Rodríguez Rodríguez (de Mos- Pontevedra)

Os Criadores participantes pola raza Galiña de Mos foron: José María Garrido Jimenez (da Estrada Pontevedra); Álvaro Rodríguez Rodríguez (de Mos- Pontevedra); Rebeca Yánez Candamil (“Gandeíra Tras do Río” de Loiba Ortigueira- Coruña); Victor Fontán Álvarez (da Estrada- Pontevedra), José Rodríguez González (de Lalín- Pontevedra); Evaristo Rodríguez da Torre (Vila de Cruces Pontevedra); Javier Riqueza Lois (Salcedo-Pontevedra); Ramón Vázquez Fernández (Monforte de Lemos- Lugo); Biochousa S.B. (Mondariz- Pontevedra); Francisco Monasterio Solveira (“Aves do Concello” de Vilalba- Lugo); Alejandro Collazo Casal (Mos- Pontevedra); Mari Luz Gómez Fernández (Ordes- A Coruña); Augusto Fontán García (Pontevedra); Lourdes Mulet Abeledo (Lalín- Pontevedra); Cruz Grille Negreira (Tordoia- A Coruña); Gabriel Mato Becerra (Brión- A Coruña); José Luis Freire Castedo (Suegos- Pol- Lugo); José Zapata Sánchez (“Chousa do Lea”, Casto Riberas de Lea- Castro de Rei- Lugo); Mª José Castro Abonjo (“Granxa Castro de Madrosende”, de Vila de Cruces- Pontevedra); Sandra López López (“Granxa Aeiroa”, de Láncara-Lugo), Beatriz Canto Edrosa (Castro de Rei- Lugo); Oscar Miranda Gómez (Cospeito- Lugo); Luis Fernández Fernández (Riotorto- Lugo); Manuel Rodríguez Alonso (Mos- Pontevedra); Miguel Verde Martínez (Mos- Pontevedra); Gervasio Mouro Ares (Zas- A Coruña) e Mariña Grille Negreira (de Ínsua- Val do Dubra- A Coruña)

 

Felicitacións a todos!

 


|
| © Boaga 2021