Un ano mais, coincidindo coa 37 Edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, BOAGA (Federación de Razas Autóctonas de Galicia) organiza unhas xornadas técnicas de Razas Autóctonas Galegas co fin de fomentar a formación e especialización do sector gandeiro, tanto dos seus socios coma do público en xeral. Con elas pretendemos dar a coñecer distintos aspectos relacionados coa cría destas razas e cos seus produtos.
Na primeira xornada, venres 13 xuño, trataremos temas importantísimos como a nova PAC, tema de actualidade,que nos vai a rexer a todos durante os próximos sete anos e será unha da primeira ponencia que se fará tras o remate da PAC/2014, tendo xa encima da mesa os temas xa máis avanzados para a PAC 2015/2020.
Estarán tamén presentes as enfermidades do gando, como o IBR, BVD, e a Paratuberculose,que son consultadas moitas veces ós nosos servizos veterinarios, contando nas ponencias cos mais expertos neses temas.
Na xornada do sábado 14 xuño, dous temas ligados á terra, ponencias que de seguro serán interesantes e amenas, sobre a realidade da distribución da terra en Galicia a cargo de F.Ónega,e outra de Luis, técnico e gandeiro que nos contará a súa experiencia práctica en alimentación con produtos feitos na propia explotación e os custes asociados e como repercuten no rendemento do noso gando.Pola tarde, unha explotación de Ovella Galega, que duns poucos animais pasa a ser unha das mellores explotacións, non so de Galicia senón de toda España, sendo a súa dona recoñecida por esta labor con premios estatais, demostrando que só se pode vivir do campo e da gandería con dignidade e asemade cun gran orgullo de selo.
Na xornada final, Domingo 15 xuño, a nosa Galiña de Mos, a primeira raza de galiña de España, será a protagonista,incidindo na alimentación das explotacións artesanais e dun novo produto estrela, a pularda de Galiña de Mos comparada con estirpes industriais
Máis información pinchando no seguinte enlace do programa adxunto: XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX)
Estas axudas foran convocadas na Resolución do 31 de decembro de 2013 (orde 3 de abril de 2013), destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réxime extensivo. Nesta última modificación aparecen no Anexo I as solicitudes admitidas, e no Anexo II as solicitudes denegadas. Para máis información descargar o PDF.
Existe para ás persoas interesadas un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación desta proposta (ATA O 30 DE ABRIL 2014), para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que estimen conveniente ante a Consellería do Medio Rural e do Mar. (Subdirección Xeral de Gandaría, Dirección Xeral de Produción Agropecuaria).
Está aberto o prazo de solicitude PAC 2014. ORDE do 18 de febreiro de 2014 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2014. Xunto con ela tramítase a SOLICITUDE DE DEREITOS DE RESERVA NACIONAL.
Tamén se tramita conxuntamente o CES que inclúe a liña de mantemento de razas autóctonas en perigo de extinción. Pero só para aqueles beneficiarios da axuda que aínda non remataran compromisos (os expedientes do ano 2010). Consulten coa súa entidad de asesoramento.
Os novos criadores no caso de que non tivera solicitado nunca e non teña dereitos, debe presentar agora DECLARACIÓN DE SUPERFICES.
PRAZO LÍMITE -15 DE MAIO DE 2014
29.07.2013. Este xoves 1 de agosto, ás 18.30 horas, Rocío Garrido Caramés, acompañada por membros do equipo técnico da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Baoga presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na 42ª edición da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar nos xardíns Méndez Núñez da cidade herculina e que se extenderá desde o día 1 ata o próximo 11 de agosto.
Hoxe día 24 de xullo de 2013, publicouse no BOE , o Real Decreto 505/2013, de 28 de junio, por el que se regula el uso del logotipo “raza autóctona” en los productos de origen animal.
Este logotipo ten carácter voluntario, poderán utilizalo as asociacións de criadores de animais de razas autóctonas oficialmente recoñecidas e que o soliciten (condicións no anexo II), é compatible con outros etiquetados facultativos (según condicións art 4 do RD 505/2013).
As características así coma os contidos mínimos para redactar o prego de condicións de utilización do logotipo están recollidos nos anexos I e II do Real Decreto.
Descargar PDF Real Decreto 505/2013
03.07.2013. Este domingo 7 de xullo, ás 19.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Vigo, na Alameda - Praza de Compostela. Posteriormente farase a firma de libros.
06.06.2013. Este ano, Boaga organiza as Xornadas Técnicas das Razas Autóctonas de Galicia en Perigo de Extinción no marco da 36ª Semana Verde de Galicia. Terán lugar no recinto Feira Internacional de Galicia de Silleda a fin de semana do 15 e 16 de xuño.
05.06.2013. Este sábado 8 de xuño, ás 12.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu receitario Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Ourense, que está instalada na Alameda da cidade. A continuación, a autora asinará exemplares nas casetas das librerías onde se vende esta publicación.
29.05.2013. O recinto feiral de Silleda acollerá do 13 ao 16 de xuño a 36º Semana Verde de Galicia, unha edición na que as razas autóctonas galegas en perigo extinción serán sen dúbida as protagonistas dentro da área gandeira.