Concurrido desfile de Gando no San Froilán.

Lugo. 7 de outubro de 2017
uploads/9/news/22310554_1064404057022846_1876664593821348527_n.jpg

Polas rúas do centro de Lugo o día 7 de outubro houbo un bonito desfile de gando no que participaron as nosas razas autóctonas. Alí estiveron un galo e unha Galiña de Mos que transportaron os criadores Javier Álvarez Cela e Noel Freire. Baixaron diante do concello de Lugo dun autobús dos anos sesenta, aqueles cos que fai anos se ía ás feiras. Ademáis participaron os criadores de Cabra Galega e Ovella Galega Alberto Santín e Luis Freire, levando uns bonitos exemplares, un castrón de cabra Galega e unha femia de Ovella Galega. 

como mostra algunhas imaxes no seguinte enlace: FOTOS DESFILE


Limpar
uploads/9/news/festa_filloa.jpg

EXPOSICIÓN RAZAS AUTÓCTONAS NA FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA

29.04.2013. O próximo 1 de maio celebrarase en Muimenta (Cospeito, Lugo) a tradicional Festa da Filloa, declarada recentemente Festa de Interese Turístico de Galicia. Este evento sempre vai acompañado dunha serie de actividades entre as que este ano queremos destacar unha exposición de razas autóctonas, de xeito que os visitantes poderán, ademais de degustar as tradicionais filloas, contemplar exemplares das razas Ovella galega, Cabra Galega e Galiña de Mos propiedade de distintos criadores da comarca.


Ler Máis »

uploads/9/news/tarjeton_hr3j_1.peg

UN RESTAURANTE DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR

Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de marzo, é unha feira que alcanza a súa décimo cuarta edición e que transforma o recinto de Expourense nun gran centro de restauración. En 12.000 metros cadrados cubertos recréase unha vintena de restaurantes con todos os detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que se elaboran os menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo.


Ler Máis »

uploads/9/news/cabra_galega_gandagro.jpg

A Cabra Galega cobrou protagonismo na feira monográfica de GandAgro

O segundo monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebrou no recinto da Feira Internacional de Galicia do 8 ao 19 de marzo, contou cunha ampla representación das razas autóctonas galegas que ...


Ler Máis »

uploads/9/news/foto_posta_de_largo.jpg

Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas

O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, ...


Ler Máis »


|
| © Boaga 2021