Limpar
uploads/9/news/tarjeton_hr3j_1.peg

UN RESTAURANTE DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR

Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de marzo, é unha feira que alcanza a súa décimo cuarta edición e que transforma o recinto de Expourense nun gran centro de restauración. En 12.000 metros cadrados cubertos recréase unha vintena de restaurantes con todos os detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que se elaboran os menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo.


Ler Máis »

uploads/9/news/cabra_galega_gandagro.jpg

A Cabra Galega cobrou protagonismo na feira monográfica de GandAgro

O segundo monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebrou no recinto da Feira Internacional de Galicia do 8 ao 19 de marzo, contou cunha ampla representación das razas autóctonas galegas que ...


Ler Máis »

uploads/9/news/foto_posta_de_largo.jpg

Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas

O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, ...


Ler Máis »

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA AS AXUDAS PAC 2014

DATA LÍMITE: 15 MAIO 2014
uploads/9/news/caratula-axudas-pac-2014.png

Está aberto o prazo de solicitude PAC 2014. ORDE do 18 de febreiro de 2014 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2014. Xunto con ela tramítase a SOLICITUDE DE DEREITOS DE RESERVA NACIONAL.

Tamén se tramita conxuntamente o CES  que inclúe a liña de mantemento de razas autóctonas en perigo de extinción. Pero só para aqueles beneficiarios da axuda que aínda non remataran compromisos  (os expedientes do ano 2010). Consulten coa súa entidad de asesoramento.

Os novos criadores no caso de que non tivera solicitado nunca e non teña dereitos, debe presentar agora DECLARACIÓN DE SUPERFICES

PRAZO LÍMITE -15 DE MAIO DE 2014

  ORDE 18 DE FEBREIRO DE 2014


|
| © Boaga 2020