PUBLICADA A ÚLTIMA MODIFICACIÓN DE RESOLUCIÓN DAS AXUDAS A EXTENSIVO
DOG nº 74, do mércores 16 de abril de 2014.
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA AS AXUDAS PAC 2014
DATA LÍMITE: 15 MAIO 2014
O RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” TAMÉN SE PRESENTARÁ NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA
PUBLICADO O REAL DECRETO 505/2013 QUE REGULA O USO DO LOGOTIPO "RAZA AUTÓCTONA" NOS PRODUTOS DE ORIXE ANIMAL
ROCÍO GARRIDO PRESENTARÁ “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO
XORNADAS TÉCNICAS DAS RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA EN PERIGO DE EXTINCIÓN NA 36ª SEMANA VERDE DE GALICIA
ROCÍO GARRIDO PRESENTARÁ O RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE OURENSE
As razas autóctonas galegas terán un papel protagonista na Semana Verde
AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTICIPARÁN NO EXPOLUGO 2014
4 e 5 de outubro de 2014, Recinto Feiral Lugo.
Un ano mais, as razas autóctonas participarán nas actividades organizadas no EXPOLUGO 2014, con motivo das festas de San Froilán os días 4 e 5 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (Recinto Feiral o Palomar s/n, Lugo, ao carón da estrada Nacional VI).
Celebraranse as seguintes actividades organizadas polas asociacións pertencentes a BOAGA, nas que participan criadores da provincia de Lugo con razas autóctonas, e en colaboración coa Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e a Deputación Provincial de Lugo:
- II Concurso-Exposición monográfico provincial da Galiña de Mos, no que participarán nove criadores e un total de 45 animais.
- Exposición provincial das razas Cachena, Caldelá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega, no que participarán seis criadores e un total de 35 animais.
- Mercado Alimentario de Razas Autóctonas, coa participación de dous criadores das razas Cachena e Vianesa e venda e promoción de carne procedente de animais das súas explotacións.
O horario de apertura ao público será de 11 da mañá a 9 da noite ininterrompido.
Ademais O sábado día 4, ás 11 da mañá, haberá polo centro de Lugo, un desfile de gando autóctono onde tamén participarán exemplares de Galiña de Mos e mais de Ovella Galega.