EXPOSICIÓN DE ANIMAIS E RESULTADOS DOS CONCURSOS DE VACÚN SEMANA VERDE 2016
SEMANA VERDE - SILLEDA (9-12 xuño de 2016)
Durante a celebración da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, foron moitas as actividades e promocións que se fixeron coas nosas razas autóctonas galegas. Houbo coma en anos anteriores exposición de animais vivos das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos.
Os resultados dos certames morfolóxicos foron os seguintes:
V CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CACHENA
1º premio: “Seta”, de “Gandería Tras do Río” (Ortigueira, A Coruña).
2º Premio: “Cachorra”, de “Cachenas de San Breixo” (Triacastela, Lugo)
3º Premio: “Carriza”, de Gonzalo Seoane Prado (Vilalba, Lugo)
IV CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA VIANESA
1º premio: “Tapa”, de “Gandería Cimadevila, S.C.” (Montederramo, Ourense).
2º Premio: “Tina”, de “Ganado de Lemos, S.L.” (O Saviñao, Lugo)
3º Premio: “Laca”, de “Ganado de Lemos, S.L.” (O Saviñao, Lugo)
III CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CALDELÁ
1º premio: “Celosa”, de “Gandería Juan M Lage.” (Maceda, Ourense).
2º Premio: “Lixeira”, de “Gandería Juan M Lage.” (Maceda, Ourense).
3º Premio: “Cebada”, de “Ana y Alejandro, S.C.” (A Pontenova, Lugo)
II CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA LIMIÁ
1º premio: “Rubia”, de Sonia Tajes Arufe (Rois, A Coruña).
2º Premio: “Lorena”, de Lisardo López Blanco (Xinzo de Limia-Ourense).
3º Premio: “Loiola”, de Lisardo López Blanco (Xinzo de Limia-Ourense).
Dende Boaga queremos felicitar a todos os criadores que participaron tanto nos concursos coma nas exposicións de animais vivos.