CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE DE SILLEDA 2016

SALIMAT 2016-Pavillón 1; recinto feiral Silleda- 9-12 junio 2016
[CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE DE SILLEDA 2016 - uploads/9/news/dsc_0082.jpg]

Quince criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación de Razas autóctonas de Galicia - BOAGA, presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en perigo de extinción, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda, onde se celebra o 20º SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT do 9 ao 12 de xuño de 2016.

Este é o quinto ano consecutivo no que os criadores participan coas súas marcas comerciais, unha oportunidade única de facer contactos e de promocionar estes produtos únicos, experiencia que repiten  moitos deles. Dos produtos que se presentarán, hai carne e derivados cárnicos de vacún das razas Cachena, Caldelá, Limiá e Vianesa, carne de cordeiro de Ovella Galega e de cabrito de Cabra Galega, así coma Galos, Pulardas e ovos de Galiña de Mos. Os produtores que participan, preséntanse coas seguintes marcas: “GANADO DE LEMOS”,“GALO CELTA”, “GRANXA TEIXEIRO E PISTÓN”, ,“GACARLI S.L.”, “CACHENAS DE SAN BREIXO”,“GANDERÍA TRAS DO RÍO”, “GANDEIRÍA JUAN M. LAGE”, “CHOUSA DO LEA”, “AVES DO CONCELLO”,“GANADERÍA BALÍN”, “GANDERÍA VIA DA PLATA”,“RAMÓN VÁZQUEZ”, “A GRANXA DE LOLA”, “CRUGALO” e  “CASTRO DE MADROSENDE”,Ao remate da feira esperan ter un balance moi positivo coma en edicións anteriores.