AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTICIPARÁN NO EXPOLUGO 2014

4 e 5 de outubro de 2014, Recinto Feiral Lugo.
[AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTICIPARÁN NO EXPOLUGO 2014  - uploads/9/news/1380367_778554615540221_6863381916532599591_n.jpg]

Un ano mais, as razas autóctonas participarán nas actividades organizadas no EXPOLUGO 2014, con motivo das festas de San Froilán os días 4 e 5 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (Recinto Feiral o Palomar s/n, Lugo, ao carón da estrada Nacional VI).

Celebraranse as seguintes actividades organizadas polas asociacións pertencentes a BOAGA, nas que participan criadores da provincia de Lugo con razas autóctonas, e en colaboración coa Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e a Deputación Provincial de Lugo:

  • II Concurso-Exposición monográfico provincial da Galiña de Mos, no que participarán nove criadores e un total de 45 animais.
  • Exposición provincial das razas Cachena, Caldelá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega, no que participarán seis criadores e un total de 35 animais.
  • Mercado Alimentario de Razas Autóctonas, coa participación de dous criadores das razas Cachena e Vianesa e venda e promoción de carne procedente de animais das súas explotacións.

O horario de apertura ao público será de 11 da mañá a 9 da noite ininterrompido.

Ademais O sábado día 4, ás 11 da mañá, haberá polo centro de Lugo, un desfile de gando autóctono onde tamén participarán exemplares de Galiña de Mos e mais de Ovella Galega.