ESTIVEMOS PRESENTES NA "I FEIRA DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS DA MARIÑA" NO VALADOURO.

3 de febreiro de 2018. O Valadouro (Lugo)
[ESTIVEMOS PRESENTES NA "I FEIRA DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS DA MARIÑA" NO VALADOURO. - uploads/9/news/img-20180203-wa0020.jpg]

No concello do Valadouro, na provincia de Lugo, celebrouse o sábado 3 de febreiro a primeira edición dunha nova Feira de Razas Autóctonas. Baixo unha carpa concentrouse un importante número de cabezas de gando bovino, ovino, cabrún, cabalar, porcino e aviar. 

Asistimos cun posto de Boaga e tamén criadores das nosas razas autóctonas da provincia de Lugo, presentaron fermosos exemplares das razas Cachena, Caldelá, Galiña de Mos, Cabra Galega e Ovella Galega. As explotacións e criadores participantes foron "Explotaciones Gandeiras Soli S.C." de Alfoz (razas Cachena e Ovella Galega), "Gonzalo Seoane Prado" de Vilalba (raza Cachena), "Marco Vázquez López" de Ourol (raza Cachena), "Ana y Alejandro S.C." de A Pontenova (raza Caldelá), "Purificación Mourelle Pardo"de A Pontenova (raza Ovella Galega), "Luis Fernández Fernández" de Riotorto (razas Ovella Galega e Galiña de Mos), "Francisco José Monasterio Solveira" de Vilalba (raza Galiña de Mos) e "A Licha S.C." de Mondoñedo (raza Cabra Galega).

Houbo moita xente pese ás inclemencias metereolóxicas que existiron durante toda a xornada, un gran éxito!.