BOAGA PARTICIPOU NO TALLER SOBRE GRUPOS OPERATIVOS EN SANTIAGO

16 novembro 2018. Santiago de Compostela
[BOAGA PARTICIPOU NO TALLER SOBRE GRUPOS OPERATIVOS EN SANTIAGO - uploads/9/news/taller-coinnovando-6.jpg]

O 16 de novembro de 2018, participamos no taller “Coinnovando en el Sector Agrario y Forestal en Europa”, que se celebrou na sede do Feuga en Santiago de Compostela. Tratouse dunha xornada onde se trataron as Redes temáticas, os proxectos multiactor de grupos operativos tanto a nivel rexional, supranacional e europeos. Unha boa iniciativa que nos serve para traballar e promocionar as nosas razas autóctonas e os seus produtos dende o punto de vista da transferencia tecnolóxica.

Pola tarde visitamos insitu un destes proxectos postos en marcha “Aproveitamento silvopastoril con Porco Celta mediante sistema modular, transportable e autónomo”, da CCMM o Carballo, en Friol (Lugo).