AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN EN CIMAG-GANDAGRO 2015

do 19 ao 21 de febreiro de 2015. Recinto feiral de Silleda
[AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN EN CIMAG-GANDAGRO 2015 - uploads/9/news/cimag-gandagro-2015.png]

Do 19 ao 21 de febreiro de 2015, celébrase Cimag-GandAgro 2015, unha feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, no que haberá xornadas técnicas, concursos e exposicións.

BOAGA xunto coas asociacións integradas, participarán con exposición e representación de exemplares vivos das 8 razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Galiña de Mos e Cabra Galega. Tamén estaremos cun stand para información e asesoramento dos visitantes e mais con venda do libro de cociña “Cociñando coas razas autóctonas” e de peluches da Ovella Galega e da Galiña de Mos.

Temos entradas/invitación a disposición de todos os socios pertencentes as asociacións de BOAGA, polo que si están interesados en asistir deben poñense en contacto chamando previamente ao tef 988205486 da Federación.

Máis información sobre a feira en:

www.cimag.gandagro.com

https://es-es.facebook.com/cimag.gandagro

https://www.facebook.com/federacion.autoctonasgalegas