A OVELLA GALEGA NA 10ª EDICIÓN DA “FÍA DA LÁ”

1 de setembro 2018. Cabanas (A Coruña)
[A OVELLA GALEGA NA 10ª EDICIÓN DA “FÍA DA LÁ” - uploads/9/news/cartel-a-fia-2018.jpg]

O sábado 1 de setembro, A Ovella Galega estará presente un ano mais na feira “A FÍA DA LÁ”, En Lavandeira, no concello de Cabanas (A Coruña). Esta 10ª edición, igual que nas anteriores, está organizada pola “Asociación de mulleres Cabanas Rural”. Unha excelente iniciativa para por en valor a lá da ovella, as distintas características e variedades que existen, recuperar as tradicións e as diferentes propostas para confeccionar prendas de lá.

A lá está certificada co “Logo 100% raza autóctona Ovella Galega”, que garantiza que a la e 100% de raza Ovella Galega, pois “Asociación de mulleres Cabanas Rural” é operador autorizado para o logo 100% raza autóctona. 

Alí estará Asovega cun stand, aportando abundante información da raza e das características da lá de Ovella Galega. A feira celebrarase de 11:00 a 20:00 horas. Acercádevos!