A OVELLA GALEGA NA 10ª ANDAINA DE ARMARIZ

4 de Agosto 2018. Armariz (Nogueira de Ramuín)
[A OVELLA GALEGA NA 10ª ANDAINA DE ARMARIZ - uploads/9/news/cartel.jpg]

O sábado día 4 de agosto, celebrarase a décima andaina solidaria en Armariz (Nogueira de Ramuín), para recadar fondos desta vez para asociación DCA Ourense Renacer. Nesta andaina participará coma en edicións anteriores o criador da raza Ovella Galega “Finca a Tellada”, un dos numerosos patrocinadores do evento, que repartirá información sobre as razas autóctonas galegas e sorteará entre os participantes un agasallo sobre as nosas razas autóctonas.

Quen estea interesado en participar no percorrido de 12 Km polo souto de San Ramón, pode inscribirse ata o 2 de agosto. O prezo será de 5 euros e os locais para facelo son os seguintes:

A información para inscribirse e os teléfonos de contacto están na imaxe adxunta

Unha boa proposta, animádevos!