A LÁ: OUTRO PRODUTO DA OVELLA GALEGA

[A LÁ: OUTRO PRODUTO DA OVELLA GALEGA  - uploads/9/news/cartel-a-fia-2015.jpg]

Os vindeiros días 12 e 13 de setembro, o pobo de Lavandeira no Concello de Cabanas (A CORUÑA), vai acoller a séptima edición da FIA DA LÁ.

Para nós o interesante desta Xuntanza é a posta en valor dun dos produtos da ovella galega como é a la.

Un evento que non só pretende recuperar a tradición, compartir experiencias e dar coñecer as distintas características e variedades de lá. Senon que a maiores se vai a converter nun escaparate onde expoñerán interesantes traballos.

En definitiva nunha mostra de cómo tratar unha materia prima que se viña empregando dende sempre pero para nada obsoleta, pola contra, totalmente compatible co actual mundo da moda e do deseño na súa búsqueda de tecidos máis naturais.

Os asistentes que así o desexen poderán coñecer, participar e iniciarse en todo o proceso do fiado da la. Os talleres estarán acompañados de charlas entre a que destacamos a que se impartirá sobre a Ovella galega o sábado ás 16:30 horas.

PROGRAMA