27.05.2013. Este sábado, Rocío Garrido Caramés presentou o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Pontevedra. A continuación, a autora firmou exemplares na caseta da Libraría Pedreira.
23.05.2013. Mañá, sábado 25 de maio, ás 12.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Pontevedra. A continuación, a autora firmará exemplares na ...
21.05.2013. Dende hoxe e ata o vindeiro día 10 de xuño, o restaurante parrillada Santa Comba (San Pedro de Santa Comba, Lugo) acolle unhas xornadas gastronómicas de tenreira de raza Cachena procedentes de animais seleccionados da explotación Cachenas de San Breixo (Triacastela, Lugo).
06.05.2013. O restaurante Río Lea (Castro de Ribeiras de Lea, Lugo) está celebrando dende o 3 de maio as Xornadas Gastronómicas de Cordeiro de Raza Ovella Galega. Prolongaranse ata o día 26 deste mes e consisten no ofrecemento dun menú selecto a base de canelóns de cordeiro, cordeiro asado, sobremesas caseiras e viño Ribeira Sacra Valcar.
03.05.2013. O xornalista e escritor Enric Ribera Gabandé vén de publicar no seu blog da rede social TV Cocina unha entrada dedicada a cada unha das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción. No ...
2.05.2013. Este domingo 5 de maio celebrarase a X edición da Festa da Empanada de Forquellas e Cachena da Serra do Quinxo, que terá lugar no pavillón polideportivo de Entrimo (Ourense). A comida comezará a partir das dúas do mediodía e os asistentes poderán degustar un menú composto por empanada, carne cocida, pan, viño e sobremesa. O prezo da ración será de 12 euros por persoa.
29.04.2013. O próximo 1 de maio celebrarase en Muimenta (Cospeito, Lugo) a tradicional Festa da Filloa, declarada recentemente Festa de Interese Turístico de Galicia. Este evento sempre vai acompañado dunha serie de actividades entre as que este ano queremos destacar unha exposición de razas autóctonas, de xeito que os visitantes poderán, ademais de degustar as tradicionais filloas, contemplar exemplares das razas Ovella galega, Cabra Galega e Galiña de Mos propiedade de distintos criadores da comarca.
O receitario Cociñando coas razas autóctonas, gañador dun dos Gourmand World Cookbook Awards de 2012 cos que se distingue a produción editorial gastronómica, xa se pode mercar desde esta semana na Libraría Pedreira de Santiago ...