Na Casa Perfeuto María, que está en Cabanamoura, no concello de Outes, na provincia da Coruña, celébranse unhas xornadas do Galo Mos ata final de ano. Os galos foron criados na granxa A Pataqueira, propiedade do criador Gervasio Mouro Ares, de Zas.
Para máis información pinche aquí.
Do 15 de novembro ao 8 de decembro celebraranse unhas novas xornadas do "GALO da RAZA MOS" no restaurante RIO LEA, en Castro Riberas de Lea, concello de Castro de Rei, Lugo.
Máis información en Restaurante Río Lea
O domingo 27 de outubro, a parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, celebra no campo da festa a exposición e degustación que todos os anos fan para promocionar a nosa raza, que leva o nome do seu pobo.
máis información en: Galiña de Mos
A Federación Española de Razas Autóctonas (FEDERAPES) vai a celebrar na localidade oscense de Biescas, os días 18 e 19 de outubro, as VIII Xornadas Técnicas sobre razas autóctonas. Nesta poboación aragonesa daranse cita representantes ...
12.09.2013 O día 15 de setembro, terá lugar a "VII MOSTRA O MUNDO DA CABRA" en Merlán - Chantada (Lugo), a feira está organizada pola Asociación Veciñal Santo Tome de Merlán. Esta exposición abrirase ao público a partires das 10:00 h e nela, participarán exemplares de Cabra Galela. Posteriormente haberá degustación gratuíta de cabra cocida, queixo e leite de cabra ás 13:00 horas.
Programa do día 15 setembro, Festas de Merlán 2013
A Comisión Europea ven de poñer en marcha unha consulta sobre o papel da agricultura familiar, co fin de analizar os retos e as prioridades para o futuro, cara este tipo de agricultura. A agricultura ...
Na fotografía podemos ver aos criadores Rebeca Yáñez e Miguel Angel Pernas xunto a Teresa de Restaurante La Marina. (Porto de Bares-Mañón, A Coruña). A aposta que fixo o Restaurante ao introducir carne de raza ...
As carnes da Galiña de Mos e da Ovella Galega serán protagonistas durante a Vuelta Ciclista a España un ano máis, grazas á Asociación de empresarios da hostelería de Lugo, que en colaboración coa Xunta ...