Limpar
uploads/9/news/img-20140704-wa0003.jpg

A CARNE DE RAZA CACHENA NO V FEIRÓN MEDIEVAL DOS ANDRADE (PONTEDEUME)

4, 5 e 6 de xullo de 2014- Pontedeume (A Coruña)

Dende hoxe venres ata o domingo 6, poderase degustar no Feirón medieval dos Andrade en Pontedeume BURGUER DE TENREIRA CACHENA , BOLOS PREÑADOS E LISCOS. O posto está preparado por Asociación de Veciños da Nogueirosa Parroquia e Xente de aquí e de acolá.

Ademais durante estes tres días haberá numerosas actividades. Merece a pena achegarse e probar a carne de Cachena. Máis información en https://www.facebook.com/andarubel.fragasdoeume y en http://www.feironmedievaldosandrade.com/


Ler Máis »

uploads/9/news/dsc04163.jpg

EXTENSIVO - Resolución do 13 de xuño de 2014

DOG Núm. 119 do mércores 25 de xuño de 2014
RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, pola que se acorda a publicación da concesión das axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 3 de abril de 2013, pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril do 2008, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril de 2008).

Descargar pdf


Ler Máis »

uploads/9/news/torito-savinao.jpg

ABRINDO NOVOS MERCADOS

GANADO DE LEMOS COLOCARÁ A SÚA CARNE VIANESA NO XAPÓN E ALEMAÑA. Esta noticia publicada por El PROGRESO de 24 de xuño, non nos pilla por sorpresa. Nesta explotación levan dende case os seus inicios ...


Ler Máis »

uploads/9/news/img_6334.jpg

EXPOSICIÓN DE ANIMAIS NA SEMANA VERDE 2014. RESULTADOS DOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS DAS RAZAS CACHENA, VIANESA, CALDELÁ E GALIÑA DE MOS

Semana Verde 2014. Silleda (12-15 de xuño de 2014)

Fai uns días rematou a Feira Internacional de Galicia-Semana Verde 2014. Foron uns días cheos de actividades e promoción das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Queremos felicitar a todolos gandeiros que quixeron participar ...


Ler Máis »

uploads/9/news/stand-ganaderia-juan-m-lage.jpg

ÉXITO NA EXPOSICIÓN E VENDA DE PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS

Salimat-Semana Verde 2014. Silleda (12-15 de xuño de 2014)

No pavillón número 1 do recinto feiral, celebrouse o Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT, onde houbo 11 produtores das razas Cachena, Caldelá, Ovella Galega e Galiña de Mos que participaron no espazo para as razas autóctonas denominado "De Nós para Vós", con exposición e venda dos produtos de raza e presentación das marcas dos criadores.

No seguinte enlace STANDS EXPOSITORES DE NOS PARA VOS- SALIMAT 2014, hai un documento gráfico sobre a exposición e venda dos criadores e a participación activa nos catro días de feira.


Ler Máis »

uploads/9/news/img_9133.jpg

GRANDE ÉXITO DA CARNE DE AUTÓCTONAS NO RESTAURANTE TAPIRAZAS (SALIMAT 2014)

Salimat-Semana Verde 2014. Silleda (12-15 de xuño de 2014)

No restaurante TapiRazas, propiedade da Federación de razas autóctonas de Galicia -BOAGA, fixemos degustacións de todas as nosas razas autóctonas. Os menús foron elaborados polo equipo do restaurante Andarubel- Fragas do Eume, de Pontedeume, capitaneados polo chef Antonio Díaz. O éxito foi tal que se agotou o produto previsto todos os días. O comentario resumo xeral era “está boísimo todo”.

Dende a Federación, BOAGA, queremos agradecer e felicitar a Antonio e ao seu equipo de profesionais, por querer colaborar con nos, sen eles o éxito non sería tal. Con bo produto, boa preparación, elaboración e presentación o éxito estivo garantido.

A continuación, pinchando en MENÚS TAPIRAZAS 2014, mostramos o documento gráfico de moitos dos pratos degustados e mais de distintos momentos nos 4 días que durou a feira.


Ler Máis »

uploads/9/news/doc-escaneado004.jpg

NOVA CITA GASTRONÓMICA

I FESTA DA CACHENA DE ESTEIRO

A Comunidade de Montes da Parroquia de Santa Mariña de Esteiro no concello de Muros,  vai a celebrar o próximo  día 28 de xuño unha xuntanza na que van a preparar entre outro tipo de ...


Ler Máis »

uploads/9/news/img_5685.jpg

SALIMAT COMERCIALIZARÁ CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE DE SILLEDA DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014

DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014, RECINTO FEIRAL DE SILLEDA (PONTEVEDRA)

Doce criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación de Razas autóctonas de Galicia - BOAGA, presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en perigo de extinción, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda, onde se celebra o XVIII SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT do 12 ao 15 de xuño de 2014.

 


Ler Máis »


|
| © Boaga 2023