O sábado día 19 de abril de 2014, celébrase a “V Feira de Artesanía e Produtos da Zona” en Triacastela-Lugo. A partires das 10 da mañá na Praza do Consistorio, poderanse visitar os postos cos productos galegos, no que participan criadores das razas representadas nas asociacións pertencentes a BOAGA.
Ganadería Gayo (José Gayo), cun posto de productos cárnicos da raza Vianesa, Roberto Raposo Díaz con exposición de animais vivos da raza Galiña de Mos, e Cachenas de San Breixo (Jordi Ánguez) criador da raza Cachena e da Galiña de Mos e con promoción da súa ganadería e mais venda de peluches da Galiña de Mos e da Ovella Galega e do libro “Cociñando Coas Razas Autóctonas”.
A Feira está organizada polo Concello de Triacastela, a Asociación de Mulleres Rurais “Tres Castros”, e a Asociación de Artesanas deo Tear “Artelar”.
Dende mañá e ata o vindeiro día 31 de marzo, o restaurante parrillada Santa Comba (San Pedro de Santa Comba, Lugo) acolle unhas novas xornadas gastronómicas de tenreira de raza Vianesa. Os animais proceden da explotación Ganadería GAYO (Biduedo-Triacastela Lugo).
Reservas e máis información en http://parrilladasantacomba.com/ (982304062)
Contacto coa Ganadería GAYO (670080410-982187554)
Do 13 ao 15 de marzo de 2014, celébrase a terceira edición de GandAgro. BOAGA xunto coas asociacións integradas, participarán con exposición e representación de exemplares vivos das 8 razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Galiña de Mos e Cabra Galega. Tamén estaremos cun stand para información e asesoramento dos visitantes e mais con venda do libro de cociña “Cociñando coas razas autóctonas” e de peluches da Ovella Galega e da Galiña de Mos.
Temos entradas/invitación a disposición de todos os socios pertencentes as asociacións de BOAGA, polo que si están interesados en asistir deben poñense en contacto chamando previamente ao tef 988205486 da Federación.
Máis información sobre a feira en www.gandagro.com
O libro “Cociñando coas razas autóctonas estará presente no Forum Gastronómico 2014, que este ano se celebra do 23 ao 25 de febreiro na cidade da Coruña.
O Martes día 25, ás 11:00 horas na aula servino, Rocío Garrido Caramés fará a presentación do libro no Forum e cociñará un dos pratos publicados no mesmo. Previamente, o Domingo 23 ás 18:00 h na aula servino, Rocío tamén participará xunto co cociñeiro Miguel Mosteiro preparando Solomillo de ternera Cachena marinada con “auga mareira” .
Para os que estean interesados en participar nestas actividades, deben facelo dende o seguinte enlace do club servino:
http://www.servino.net/2014/02/18/nuevas-actividades-del-club-servino-en-el-forum/
Mais información en:
http://www.forumcoruna.com/
http://cocinademiabuelo.blogspot.com.es/2014/02/cocinando-coas-razas-autoctonas-y-el.html?m=1
http://www.forumcoruna.com/images/revista_forum_coruna_%202014%20baja.pdf
O 15º Salón Internacional do Turismo- Xantar, chegou ao seu fin. Celebrado en Ourense dos días 5 ao 9 de febrero de 2014 , contou coa presenza dos produtos das razas autóctonas galegas.
Entre outras actividades, fíxose un showcooking de razas autóctonas impartido polo cociñeiro Flavio Morganti, con maridaxe de viños da D. O. Ribeiro que tivo grande aceptación e afluencia de público. Puidéronse degustar hamburguesas e albóndigas de cordeiro de Ovella Galega, Pularda de raza Mos asada a baixa temperatura (65 grados), consomé de pularda de raza Mos e mais guiso de agulla de tenreira feita coas razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa.
A Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA, dispuxo dun stand con información sobre razas autóctonas galegas onde se atendeu aos interesados e se venderon os novos peluches da Galiña de Mos, da Ovella Galega e o libro "Cociñando coas razas autóctonas".
Enlace a Showcooking razas autóctonas
Xa temos os novos peluches da Galiña de Mos e da Ovella Galega. No noso almacén hai unha boa cantidade deles para que ninguén se quede sen el.
Feitos polas asociacións das dúas razas, AVIMOS e ASOVEGA e coa colaboración de Galileo Nenos e mais da nosa federación, pódense adquirir consultando os puntos de venda na páxina www.galileonenos.com ou na nosa oficina directamente.
A Federación de Razas Autóctonas de Galicia BOAGA, participará na 15ª edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, que se celebrará do 5 ao 9 de febreiro de 2014 no recinto Feiral Expourense,(Finca ...
O mércores 11 de decembro de 2013, ás 16:30h, celebrarase no restaurante Roma en Sarria, unha Masterclass de Cociña Autóctona con carne de Raza Cachena entre outros. A Masterclass de cociña autóctona na que se pode participar, está enfocada a dar a coñecer un menú elaborado con moi bos produtos autóctonos da provincia de Lugo, produtos da horta, da tenreira de raza Cachena e da carne de Porco Celta.
máis información en Masterclass de cociña