Fai uns días rematou a Feira Internacional de Galicia-Semana Verde 2014. Foron uns días cheos de actividades e promoción das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Queremos felicitar a todolos gandeiros que quixeron participar ...
No pavillón número 1 do recinto feiral, celebrouse o Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT, onde houbo 11 produtores das razas Cachena, Caldelá, Ovella Galega e Galiña de Mos que participaron no espazo para as razas autóctonas denominado "De Nós para Vós", con exposición e venda dos produtos de raza e presentación das marcas dos criadores.
No seguinte enlace STANDS EXPOSITORES DE NOS PARA VOS- SALIMAT 2014, hai un documento gráfico sobre a exposición e venda dos criadores e a participación activa nos catro días de feira.
No restaurante TapiRazas, propiedade da Federación de razas autóctonas de Galicia -BOAGA, fixemos degustacións de todas as nosas razas autóctonas. Os menús foron elaborados polo equipo do restaurante Andarubel- Fragas do Eume, de Pontedeume, capitaneados polo chef Antonio Díaz. O éxito foi tal que se agotou o produto previsto todos os días. O comentario resumo xeral era “está boísimo todo”.
Dende a Federación, BOAGA, queremos agradecer e felicitar a Antonio e ao seu equipo de profesionais, por querer colaborar con nos, sen eles o éxito non sería tal. Con bo produto, boa preparación, elaboración e presentación o éxito estivo garantido.
A continuación, pinchando en MENÚS TAPIRAZAS 2014, mostramos o documento gráfico de moitos dos pratos degustados e mais de distintos momentos nos 4 días que durou a feira.
A Comunidade de Montes da Parroquia de Santa Mariña de Esteiro no concello de Muros, vai a celebrar o próximo día 28 de xuño unha xuntanza na que van a preparar entre outro tipo de ...
Doce criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación de Razas autóctonas de Galicia - BOAGA, presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en perigo de extinción, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda, onde se celebra o XVIII SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT do 12 ao 15 de xuño de 2014.
Neste ano 2014 e dentro das actividades a celebrar do 12 ao 15 de xuño no XVIII Salón de Alimentación do Atlántico – Salimat, no pavillón nº 1 do recinto feiral de Silleda, dentro da 37ª Feria Internacional Semana Verde de Galicia, BOAGA presenta por segundo ano consecutivo TapiRazas, un restaurante de tapas con produtos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción.
Xunto con BOAGA e as asociacións de criadores de cada unha das razas pertencentes á Federación, participarán o cociñeiro , e as Antonio Díaz Calvo (restaurante ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME)bodegas Fernández Rodriguez S.C. - ADEGA DA CAPELA e ADEGA CACHÍN S.C., cos viños Pousadoiro (Ribeiro) e Peza do Rei (Ribeira Sacra).
Para descargar o menú pincha en: MENÚ TAPIRAZAS 2014
Este ano a Feira acolle os CONCURSOS MORFOLÓXICOS DA RAZA VIANESA (2º edición) e DA RAZA CACHENA (3ª edición). Tentamos con eles dar a coñecer, cada día mellor, as características típicas e propias de cada ...
Do 12 ao 15 de xuño deste ano vaise celebrar unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, no recinto Feiral de Silleda (Pontevedra). Existen moitas actividades e varias novidades, xa que tras o parón do ano pasado, volve o MONOGRÁFICO DA RAZA GALIÑA DE MOS, que xa vai pola súa sétima edición.
As actividades que se realizarán serán as seguintes:
1º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS.
Este campionato estará dividido en dous certames no que as nosas aves poderán participar en concurso por lotes ou en concurso individual.
Máis información en AVIMÓS