Explotada antigamente como animal de traballo, na actualidade a súa utilidade céntrase na produción de carne de calidade.

O sistema de explotación habitual é o extensivo en pasteiros, áreas de bosque e matorrais, se ben algunhas explotacións realizan un acabado dos xatos a base de cereais. A súa rusticidade, é dicir, a adaptabilidade a explotarse en zonas de difícil acceso para outras razas, e a capacidade leiteira, que se demostra no elevado ritmo de crecemento das crías, fan que sexa unha raza de gran futuro no panorama gandeiro de Galicia.

Os xatos de Vianesa aportan uns rendementos da canal de arredor do 49%, cunhas boas porcentaxes de cuarto traseiro e pezas extra e de primeira categoría comercial, de arredor do 32%. Proporcionándolle unha maduración adecuada obtense unha carne tenra e moi xugosa, cunha textura óptima. Inda que esta carne non posúe moita graxa (arredor dun 2%) atópase ben distribuída, sendo o perfil de ácidos graxos adecuado e cardiosaudable. Todo isto dá lugar a unha carne diferente e dun sabor e palatibilidade excepcionais.

 

 

¿Onde Mercar?

 

 

Descargar PDF en alta resolución