Os peluches da Galiña de Mos e da Ovella Galega son uns simpáticos xoguetes aptos para todas as idades.

Feitos polas nosas asociacións Avimós e Asovega –en colaboración coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga e os nosos amigos de Galileo Nenos–, estes bonecos axudarannos a coñecer un pouco mellor as nosas queridas razas.

Os peluches da Galiña de Mos e da Ovella Galega pódense mercar en moitas xogueterías, nas feiras ás que asistimos e directamente na nosa oficina. O seu custo é de 19,90 €/unidade máis gastos de envío.

Podedes consultar os puntos de venda neste enlace: Galileo Nenos, puntos de venda.

Ademais, tamén se pode facer a compra on-line. Tenda on-line de Galileo Nenos.

Infórmate sobre o prezo especial de venda a criadores pertencentes ás asociacións integradas en Boaga.

Información sobre o peluche de Galiña de Mos

Información sobre o peluche de Ovella Galega

 


|
| © Boaga 2017