XXI FESTA DO LACÓN CON GRELOS – MESÓN DO VENTO. ORDES. A CORUÑA

23-24 febreiro 2019. Mesón do Vento (Ordes-A Coruña)
uploads/9/news/5c5d467781-cartel-y-diptico-1.jpg

Esta fin de semana, celebrarase a XXI festa do Lacón con Grelos, en Mesón do Vento en Ordes, e coma en anos anteriores haberá exposición de animais e produtos de razas autóctonas galegas. Participarán os criadores das razas autóctonas Cachena, Limiá e Galiña de Mos.

Representando á raza Cachena, estarán as criadoras DÁNAE FERNÁNDEZ ROMAY e MARÍA LUZ GÓMEZ FERNÁNDEZ (Granxa a Castiñeira). Pola raza Limiá, estará presente o criador Jesús Pardal Castro. Representarán á raza Galiña de Mos, as criadoras Mari Luz Gómez (Granxa a Castiñeira) e Cruz Grille. Non o perdades!


|
| © Boaga 2019