XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX) NA SEMANA VERDE 2014

do 13 ao 15 de xuño de 2014. PAVILLÓN DE GANDERÍA, nº3 (O carón do Stand de BOAGA)
uploads/9/news/programa-xornadas-tecnicas-2014-silleda.png

Un ano mais, coincidindo coa 37 Edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, BOAGA (Federación de Razas Autóctonas de Galicia) organiza unhas xornadas técnicas de Razas Autóctonas Galegas co fin de fomentar a formación e especialización do sector gandeiro, tanto dos seus socios coma do público en xeral. Con elas pretendemos dar a coñecer distintos aspectos relacionados coa cría destas razas e cos seus produtos.

Na primeira xornada, venres13 xuño, trataremos temas importantísimos como a nova PAC, tema de actualidade,que nos vai a rexer a todos durante os próximos sete anos e será unha da primeira ponencia que se fará tras o remate da PAC/2014, tendo xa encima da mesa os temas xa máis avanzados para a PAC 2015/2020.

Estarán tamén presentes as enfermidades do gando, como o IBR, BVD, e a Paratuberculose,que son consultadas moitas veces ós nosos servizos veterinarios, contando nas ponencias cos mais expertos neses temas.

Na xornada do sábado 14 xuño, dous temas ligados á terra, ponencias que de seguro serán interesantes e amenas, sobre a realidade da distribución da terra en Galicia a cargo de F.Ónega,e outra de Luis, técnico e gandeiro que nos contará a súa experiencia práctica en alimentación con produtos feitos na  propia explotación e os custes asociados e como repercuten no rendemento do noso gando.Pola tarde, unha explotación de Ovella  Galega, que duns poucos animais pasa a ser unha das mellores explotacións, non so de Galicia senón de toda España, sendo a súa dona recoñecida por esta labor con premios estatais, demostrando que só se pode vivir do campo e da gandería con dignidade e asemade cun gran orgullo de selo.

Na xornada final, Domingo 15 xuño, a nosa Galiña de Mos, a primeira raza de galiña de España, será a protagonista,incidindo na alimentación das explotacións artesanais e dun novo produto estrela, a pularda de Galiña de Mos comparada con estirpes industriais

Máis información pinchando no seguinte enlace do programa adxunto: XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX)


|
| © Boaga 2018