XORNADAS TÉCNICAS DAS AUTÓCTONAS NA SEMANA VERDE

Do 12 ó 14 de xuño de 2015
uploads/9/news/xornadas-tecnicas-15.png

Organizadas por Boaga, estas “Xornadas Técnicas de Razas Autóctonas Galegas en perigo de extinción”, levaranse a cabo a carón do stand que a federación terá no pavillón de gandería do recinto feiral de Silleda. Naceron cun marcado obxetivo de fomentar a formación e a especialización do sector gandeiro.  

A xornada do venres estará centrada nos pequenos rumiantes. Falando de “procesos patolóxicos e enfermidades”, e da realidade do logotipo 100% RAZA AUTÓCTONA OVELLA GALEGA e 100% RAZA AUTÓCTONA CABRA GALEGA.

O sábado pola mañán tocaranse os temas da “alimentación dos tenreiros” e da “prevención de riscos” no sector gandeiro.

Dende o sábado pola tarde ata o domingo as protagonistas serán as galiñas. Comenzarase por unha ponencia sobre o ovo da raza Galiña de Mos e rematarase co logotipo 100% RAZA GALIÑA DE MOS.

Salvo as ponencias do domingo que serán de acceso restrinxido e só poderán participar nas mesma os SOCIOS DE AVIMÓS. As restantes van dirixidas non só ós nosos criadores senón o público en xeral que se achegue a participar da mostra gandeira.

Esperámolos.


|
| © Boaga 2019