XORNADAS DE DEGUSTACIÓN E VENDA DE PRODUTOS DE RAZA VIANESA EN MONTEDERRAMO

12 de outubro 2018. Montederramo (Ourense)
uploads/9/news/44044627_1320599461403303_2167310685917151232_n.jpg

O 12 de outubro, a carne de raza Vianesa puídose degustar novamente, nunhas xornadas gastronómicas, que se celebraron no restaurante “Casa Elvira” en Montederramo (Ourense), con diversas preparacións con carne 100% raza autóctona Vianesa, coincidindo coa XXV edición da festa da Carne en Montederramo.

Ademáis Gandeiria Cimadevila S.C., con José Blanco ao fronte, estivo vendendo os produtos procedentes da súa explotación e promocionando esta excelente raza. carne procedente da súa explotación, e promocionando esta excelente raza.

 


|
| © Boaga 2018