UN ANO MÁIS EN FITUR FALOUSE DA GALIÑA DE MOS E DA OVELLA GALEGA

Madrid. 18 xaneiro 2017.
uploads/9/news/imagen-noticia-fitur-2017.png

O pasado día 18 de xaneiro con motivo da Feira Internacional do Turismo FITUR, presentouse a Guía da Hostalería de Lugo, onde se fala de produtos da Galiña de Mos e da Ovella Galega. Asistimos ao stand de Galicia á súa presentación, contando ademais coa presenza de cociñeiros de Madrid e autoridades. Aproveitando a visita á capital española, realizouse unha degustación e presentación de galo e de cordeiro das nosas razas cos selos 100% raza autóctona  no restaurante Portomarín, emblemático local de hostalería galego. A aceptación dos nosos produtos foi enorme.


|
| © Boaga 2018